A Estación > Novas > Detalle nova

Primeiro obradoiro en Areeiro sobre o cultivo do té

Realización en Areeiro do primeiro obradoiro sobre o cultivo do té, que contou coa asistencia de máis de vinte persoas interesadas en iniciarse no seu cultivo

29 de maio del 2023
Carmela Silva

 

O pasado mes de marzo presentouse o Plan estratéxico para o lanzamento e a promoción do TéAreeiro. Así, coa finalidade de impulsar a súa produción na provincia de Pontevedra, o pasado luns 29 de maio realizouse o I Obradoiro sobre Conceptos Xerais do Té.

As persoas asistentes recibiron información sobre o té, a súa historia, os aspectos botánicos da planta da que se obtén, Camellia sinensis, e os tipos de té. Ademais, seguindo as indicacións do persoal da Finca Areeiro, as e os participantes realizaron a súa primeira colleita de gromos de Camellia sinensis, que puideron levar para a casa para elaborar o seu primeiro té verde.

Nos próximos días realizarase a segunda convocatoria deste obradoiro.