Lectura da tese de doutoramento da biotecnóloga Pilar Esteban na Universidade de Vigo
17 de marzo del 2025
O 17 de marzo tivo lugar a defensa da tese de doutoramento titulada Cultivos de células en suspensión de Camellia spp. para a obtención de metabolitos secundarios de interese industrial na Facultade de Ciencias Experimentais da Universidade de Vigo. Foi realizada pola biotecnóloga Pilar Esteban Campos, na Sección de Fruticultura e Ornamentais da Estación Fitopatolóxica Areeiro, e recibiu a cualificación de sobresaínte. Esta tese enmárcase dentro do programa de doutoramento en Ecosistemas Terrestres, Usos Sostibles e Implicacións Ambientais da Universidade de Vigo. A investigación foi dirixida polos doutores Efrén Pérez Santín e José Pedro Mansilla Vázquez.

