Evento informativo: Mostraxes e análises do proxecto "KIWI-SENS, sistema integral de monitorización de cultivo mediante o uso de tecnoloxías IoT de baixo custo e intelixencia artificial para a mellora da xestión e optimización do kiwi en Galicia", no que participa a Estación Fitopatolóxica Areeiro
Durante a primavera e o verán deste ano desenvolvéronse diferentes mostraxes e análises relacionadas co proxecto "KIWI-SENS".
Para a detección de Pseudomnas syringae pv. actinidiae (PSA), realizouse unha mostraxe antes da xerminación, tomando mostras de varetas de kiwi, e outra posterior, cando comezaron a manifestarse os síntomas de PSA en follas e botóns florais.
Para determinar a xerminación e viabilidade do pole, recolléronse mostras de flores masculinas, ademais do pole comercial; tamén pistilos recentemente polinizados para determinar a evolución do tubo polínico no interior e a fecundación dos óvulos. O obxectivo é definir as condicións meteorolóxicas óptimas para a polinización e como lle afectan estas á forma, tamaño e parámetros de calidade do froito.
Estes primeiros resultados contribuirán a optimizar a xestión agronómica do cultivo de kiwi, obxectivo principal deste proxecto.
Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader)


