A estación > Novas > Detalle nova

Congreso Interancional da Camelia en Italia

O equipo de investigación de Areeiro participa no Congreso Internacional da Camelia, realizado en Italia, con seis publicacións científicas, e recolle o certificado de Xardín de Excelencia Internacional de Camelia outorgado á Finca Areeiro

26 ao 28 de abril del 2023
Carmela Silva

 

Entre os días 26 e 28 de marzo de 2023 realizouse en Baveno, no lago Maggiore, o Congreso Internacional da Camelia organizado pola Sociedade Internacional da Camelia (ICS). Durante este congreso presentáronse seis relatorios sobre diferentes traballos de investigación desenvolvidos no centro e relacionados coa camelia:

Presentacións orais:

  • Doubled haploid (DH) technology for a Camellia genus breeding programme. Autoras/es: Noemí Rial, Carmen Salinero, Pilar Vela e José Luis Couselo.
  • The historical garden of Mondariz-Balneario. Autoras/es: Pilar Vela, Carmen Salinero, Valentín Verea, Gaspar Bernárdez e Uxía Garcés.

Pósters:

  • Antifungal activity of several Camellia oil extraction residues against plant pathogens. Autoras/es: María López-Burgos, Olga Aguín, Carmen Salinero, Pilar Vela, María Fraga, Pilar Piñón e J. Pedro Mansilla.
  • Catechin production by developing cell cultures derived from Camellia sinensis leaves. Autoras/es: Pilar Esteban, Pilar Vela, Carmen Salinero e José Luis Couselo.
  • Polyphenol composition of Spanish green tea. Autoras/es: Rocío Barreiro, Pilar Vela, Raquel Rodríguez Solana, Carmen Salinero e Efrén Pérez-Santín.
  • a -Tocopherol and antioxidant capacities from Camellia seed oil. Autoras/es: Rocío Barreiro, Pilar Vela, Raquel Rodríguez Solana, Carmen Salinero e Efrén Pérez-Santín.

Durante a reunión das directoras e directores da ICS, que tivo lugar durante o congreso, confirmouse a designación da Finca Areeiro como Xardín de Excelencia Internacional, xa que a votación, realizada a través do correo electrónico, recibiu os votos de todas e todos eles. O certificado entregouse durante a cea de despedida a Manuel González Martínez, o deputado delegado da Finca Areeiro.