A Deputación recibe en Areeiro a investigadores portugueses que están a afondar xunto coa institución provincial nos retos da bioeconomía azul no Espazo Atlántico
La Estación Fitopatológica Areeiro (EFA) recibió el día 22 de octubre la visita de una delegación del Instituto Politécnico de Leiría (Portugal). Ambos centros participan como socios en el proyecto europeo Interreg Atlantic Area BEAP-MAR: "Bioeconomía azul en el espacio atlántico: nuevos productos a partir de organismos marinos"
O pasado 22 de outubro visitou a Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) unha delegación do Instituto Politécnico de Leiría (Portugal), composta por Rui Pinto Pedrosa, Celso Alves e Joana Silva. Ambos os centros colaboran como socios no proxecto europeo Interreg Atlantic Area BEAP-MAR, "Bioeconomía azul no espazo atlántico: novos produtos a partir de organismos mariños". No encontro estivo presente o deputado da EFA Javier Tourís.
Durante a visita, os socios portugueses proporcionaron mostras recollidas en diferentes áreas de Portugal, que serán analizadas nos laboratorios da EFA e que son unha contribución fundamental para avanzar no obxectivo principal do proxecto: a valorización de organismos mariños pouco explotados comercialmente, como microalgas, macroalgas, fungos mariños e esponxas para desenvolver produtos e compostos innovadores, sostibles e de alto valor engadido.
Con este proxecto búscase, ademais, establecer novas metodoloxías que permitan aplicar estes organismos mariños en diferentes sectores industriais para contribuír á innovación e ao crecemento da bioeconomía azul no espazo atlántico.
Entre os seus obxectivos específicos inclúense:
- Reforzar a competitividade do tecido empresarial do espazo atlántico.
- Avaliar tecnoloxías avanzadas mediante probas de produto.
- Mellorar a capacidade das empresas da rexión para deseñar modelos de negocio sostibles e adaptados ao mercado.
- Incrementar o coñecemento sobre organismos mariños específicos do espazo atlántico, como microalgas, macroalgas, fungos mariños e esponxas.
- Potenciar o desenvolvemento do sector da bioeconomía azul.
A través destas liñas de acción contribúese á promoción dunha economía mariña innovadora, sostible e competitiva, en beneficio das comunidades e do medio.