A Estación > Novas > Detalle nova

Evento informativo de inicio do proxecto "KIWI-SENS, sistema integral de monitorización de cultivo mediante o uso de tecnoloxías IoT de baixo custo e intelixencia artificial para a mellora da xestión e optimización do kiwi en Galicia", no que participa a Estación Fitopatolóxica Areeiro

A institución provincial traballa a través da Estación Fitopatolóxica Areeiro neste proxecto financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

5 de septiembre del 2024
Tourís

O 29 de agosto de 2024 comunicóuselle oficialmente á Estación Fitopatolóxica Areeiro a concesión do proxecto "KIWI-SENS, sistema integral de monitorización de cultivo mediante o uso de tecnoloxías IoT de baixo custo e intelixencia artificial para a mellora da xestión e optimización do kiwi en Galicia". Esta iniciativa, promovida por Kiwi Atlántico, líder do sector, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra, conta tamén coa colaboración do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e doutras empresas.

Neste proxecto proponse a monitorización do cultivo do kiwi para optimizar de forma integral o seu manexo e dar un salto cualitativo e cuantitativo na súa produción. Así, foi seleccionado para obter financiamento por parte da Xunta de Galicia, dentro da convocatoria de 2024 de proxectos innovadores de grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sostibilidade agrícola e forestal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e para recibir apoio do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural.

O 2 de setembro tivo lugar unha reunión telemática de inicio entre as entidades promotoras  e colaboradoras co obxectivo de coordinar as tarefas e a posta en marcha do proxecto.

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)