8.ª edición de Etiqueta Negra
A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) participou os días 9, 10 e 11 de novembro na 8.ª edición de Etiqueta Negra, no Recinto Feiral de Pontevedra, presentando a marca TéAreeiro na tetería da Deputación de Pontevedra
Etiqueta Negra. Gourmet galego e innovación inspiradora celebrou a súa oitava edición os días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra. A Deputación estivo presente, un ano máis, instalando a súa tetería na que, o persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro presentou a marca TéAreeiro, o té verde elaborado na Finca Areeiro, e onde se podía degustar este té, ben só ou aromatizado con froitas, flores ou herbas deshidratadas. Ademais, realizáronse varios relatorios para explicar o porqué do seu cultivo na nosa provincia.
Este evento reúne nun mesmo espazo a profesionais do sector, persoas produtoras e consumidoras co ¿n de coñecer as tendencias de mercado, identi¿car novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos delicatessen e gourmet galegos. É o mellor escaparate para presentar o gran potencial deste mercado, onde a combinación de innovación e comercialización especializada progresa día a día.