A Estación > Novas > Detalle nova

Constituido oficialmente o Comité Camelia Galicia co obxectivo de ordenar, consolidar e profesionalizar A CAMELIA como produto turístico único e diferencial da nosa comunidade.

Aprobada a incorporación do xardín do Pazo Pegullal (Salceda de Caselas) co que, a Ruta da Camelia de Galicia queda formada por 13 xardíns dos cales 9 están localizados na provincia de Pontevedra.

23 de abril del 2021

A directora de Turismo de Galicia, presidiu a constitución e primeira reunión do Comité Camelia Galicia, creado ao amparo na Orde do 25 de maio de 2020 pola que se establece a ordenación da Ruta dos Xardíns da Camelia. A creación deste órgano permite establecer unha folla de ruta para a promoción, desenvolvemento e consolidación da CAMELIA como un dos produtos turísticos máis orixinais e diferenciais da nosa comunidade.

Despois de máis de 15 anos traballando para dar visibilidade á camelia, dáse un paso máis na súa profesionalización coa creación deste órgano, que terá como principais cometidos validar as solicitudes de novas incorporacións a Ruta, que poderán ser na modalidade de xardín "de camelias" ou como "recurso turístico asociado", unha modalidade de nova creación que permitirá incorporar aqueles recursos turísticos que conten con xardíns e que respondan a uns criterios equilibrados e  harmoniosos de ordenación, estética e paisaxística e cun número mínimo de seis árbores de camelia ou ben dun só exemplar de características especiais e singulares

O comité que terá que valorar o cumprimento destes criterios, así como fomentar, promocionar e consolidar a Ruta, quedou constituído por 13 entidades que abarcan todos os axentes implicados neste recurso turístico entre as que se contan institucións, organismos, asociacións e profesionais do sector do  paisaxismo: Xunta de Galicia a través de Axencia Turismo de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Deputacións da Coruña e Pontevedra; Sociedade Española da Camelia; International Camellia Society; Agrupación industrial Turismo de Galicia; Asociacións de empresarios produtores de camelia; CRTVG, así como unha representación dos propietarios de casas e xardíns históricos galegos e profesionais do sector paisaxismo a través da Escola Galega da Paisaxe.

Na reunión aprobouse a incorporación do xardín do Pazo Pegullal (Salceda de Caselas. Coa nova adhesión, a Ruta queda formada por 13 xardíns dos cales 9 están localizados na provincia de Pontevedra. Estes xardíns públicos e privados, 5 dos cales teñen a cualificación de Xardín de Excelencia Internacional en Camelia ofrecen "unha das mellores coleccións de camelia do mundo en contornas privilexiadas que nos permiten gozar dun patrimonio histórico, artístico e natural de enorme beleza". A nosa Ruta dos Xardíns da Camelia é un produto turístico diferencial do destino cunha alta capacidade desestacionalizadora que permite que Galicia avance como destino de referencia no turismo de xardíns á vez que axuda á sustentabilidade do seu patrimonio.

Na reunión tamén se abordou a posibilidade de que a Ruta dos Xardíns da Camelia adhírase ao Roteiro Cultural Europea de Xardíns Históricos, incrementando así a visibilidade internacional das camelias de Galicia.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200529/AnuncioG0535-180520-0001_es.html