A Estación > Novas > Detalle nova

Visita do alumnado do Máster en Agricultura Ecolóxica da Escola Superior Agraria de Ponte de Lima (Portugal)

21 de xaneiro del 2022

O pasado venres 21 de xaneiro o alumnado do 14.º Curso do Máster en Agricultura Ecolóxica da Escola Superior Agraria de Ponte de Lima (Portugal), que cursa a materia de Protección dos Cultivos en Agricultura Biolóxica, visitou a Estación Fitopatolóxica Areeiro.

Dezaseis estudantes, recibidos polo deputado Manuel González Martínez, acudiron acompañados pola profesora Luisa Moura e por catro docentes doutras disciplinas do Grupo Disciplinar de Ciencias Agronómicas e Veterinarias. Durante a súa estancia visitaron os laboratorios de fungos; virus, bacterias e nematodos; bioloxía molecular; artrópodos; e fruticultura e ornamentais, guiados polo persoal da estación. Tamén pasearon polos xardíns incluídos na Ruta da Ciencia Areeiro e coñeceron o cultivo do té na plantación experimental de Camellia sinensis e no laboratorio de obtención de aceite a partir de sementes de camelia.