A estación > Novas > Detalle nova

Areeiro participa no Foro da Castaña

27 de outubro del 2022

A Estación Fitopatolóxica Areeiro foi convidada a participar no Foro da Castaña que organizaron o Concello e mais o Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós e que se desenvolveu durante os días 7 e 8 de outubro de 2022 nas instalacións do edificio multiúsos. O evento contou cunha alta participación.

A conferencia impartida por persoal de Areeiro, titulada "A hipovirulencia como método de control do cancro do castiñeiro e primeiros estudos do fungo Gnomoniopsis smithoglivyi en Galicia", tivo lugar o día 7 e centrouse en dar a coñecer os estudos que o centro está a levar a cabo sobre dúas enfermidades importantes no castiñeiro: por unha banda, o cancro, causado por Cryphonectria parasítica; e, por outra, a podremia da castaña debido a Gnomoniopsis smithoglivyi, un patóxeno emerxente detectado recentemente en Galicia.

Ao longo do día leváronse a cabo diferentes presentacións de relatoras e relatores de recoñecido prestixio dentro do sector da castaña, cuxa finalidade foi dar unha visión xeral da situación actual desta especie tan importante na economía galega desde diferentes perspectivas, ademais de intentar buscar as solucións máis axeitadas aos problemas cos que se atopan as e os produtores e comercializadores de castaña en Galicia.

PROGRAMA