A estación > Novas > Detalle nova

Publisher Do Recurso

A Estación Fitopatolóxica Areeiro participou nun 'proficiency' test (PT) para a detección molecular de 'Phytophthora ramorum'

26 de agosto del 2022

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) participa desde o 2006 en ensaios colaborativos con distintas entidades para validar a detección e identificación de organismos patóxenos mediante técnicas utilizadas nos seus laboratorios.

Neste ano 2022 e durante os meses de maio e xuño a EFA participou no proficiency test (PT) para a detección molecular de Phytophthora ramorum, organizado polo laboratorio nacional de referencia de fungos e oomicetos fitopatóxenos e requirido por Sanidade Vexetal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O obxectivo deste PT era avaliar a capacidade dos laboratorios participantes para detectar a presenza deste oomiceto fitopatóxeno mediante técnicas moleculares.

Os resultados deste test para a EFA foron os seguintes:

  • A análise das mostras de ADN completouse dentro do prazo indicado
  • A  correcta identificación de todas as mostras de ADN correspondentes a P. ramorum
  • O cumprimento da EFA cos criterios de sensibilidade, especificidade, repetibilidade e precisión na detección de P. ramorum mediante técnicas moleculares

 

PT