A estación > Novas > Detalle nova

Publisher Do Recurso

A Estación Fitopatolóxica Areeiro en Biocastanea 2022

17, 18 e 19 de novembro

17 de novembro del 2022

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) foi convidada a participar na xiii edición das Xornadas Internacionais de Transferencia Técnico-Científicas que terán lugar no Campus de Ponferrada (Universidade de León) os días 17, 18 e 19 de novembro, organizadas pola Mesa do Castañiero do Bierzo, dentro das actividades de Biocastanea (xiii Feira Internacional da Castañicultura).

Biocastanea é unha iniciativa da Mesa do Castañiero do Bierzo que ten como obxectivo traballar polo impulso económico da castañicultura e pola perdurabilidade do castiñeiro como elemento natural, social e paisaxístico da comarca do Bierzo.

As xornadas serán un punto de encontro para dar a coñecer os últimos avances na investigación e nas técnicas sobre o estudo do castiñeiro e os seus produtos, e están dirixidas ao estudantado, ás e aos propietarios, produtores, técnicos e axentes comerciais relacionados con este sector.

A EFA asistirá co relatorio titulado "Fungos asociados ás bugallas producidas por Dryocosmus kuriphilus en castiñeiros de Galicia", na que se expoñerán os resultados obtidos tras dous anos de traballo en colaboración coa empresa Fauna Útil.

 

 Para máis información sobre as xornadas pódese consultar a seguinte ligazón: https://biocastanea.es/contenido/jornadas-tecnico-cientificas