A Estación > Novas > Detalle nova

30.º aniversario do Banco de Alimentos de Vigo. A Estación Fitopatolóxica Areeiro recibiu un galardón pola súa colaboración con esta entidade.

5 de decembro del 2025
30.º aniversario do Banco de Alimentos de Vigo

O Banco de Alimentos de Vigo cumpriu 30 anos e, no marco desta celebración, organizou a I Gala do Voluntariado, un encontro destinado a recoñecer a solidariedade, o compromiso e a colaboración de todas as persoas e entidades que fixeron posible o seu labor durante estas tres décadas.

A Estación Fitopatolóxica Areeiro foi premiada en recoñecemento á súa destacada colaboración cos produtos agrícolas doados desde hai anos a esta organización. O premio foi recollido durante o acto que tivo lugar o pasado 5 de decembro, coincidindo co Día Internacional do Voluntariado, na Sede de Afundación.