A Estación > Novas > Detalle nova

Participación da Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) no proxecto Interreg-Agritox (código EAPA_998/2018) "Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas de alimentos e pensos polo cambio climático" xunto con 7 socios de 5 países: España, Portugal, Irlanda, Reino Unido e Francia.

01 de abril del 2019

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) participa no proxecto Interreg- Agritox (código EAPA_998/2018) titulado "Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas de alimentos e pensos polo cambio climático" xunto con 7 socios de 5 países: España, Portugal, Irlanda, Reino Unido e Francia:

  • España: Universidade de Santiago de Compostela, Laboratorio CIFGA S. A., a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra (EFA-DEPO)
  • Portugal: Facultade de Ciencias da Universidade do Porto, Cooperativa Agrícola Vila do Conde
  • Irlanda: TEAGASC-Agriculture and Food Development Authority
  • Reino Unido: Universidade de Queens en Belfast
  • Francia: Axencia Nacional para a Alimentación, o Medio Ambiente e a Saúde e Seguridade Laboral e 3 entidades asociadas
  • España: Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición
  • Portugal: Autoridade de Segurança Alimentar e Económica, Intituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária, I. P.

O proxecto conta cun orzamento total de 1.954.138,80 €, dos que 204.494,60 € lle corresponden á EFA-DEPO e o 75 % está cofinanciado por fondos FEDER, cun prazo de execución de 33 meses.

O obxectivo de "Agritox" é proporcionarlles ás industrias de alimentos e pensos do Espazo Atlántico información e solucións para evitar a contaminación por micotoxinas, un reto crecente debido ao cambio climático e que representa un problema para a saúde. Os socios de Agritox desenvolverán sistemas de alerta de toxicidade e plans de xestión de riscos para a industria para garantir a distribución de productos, con novos métodos máis seguros para o cultivo, colleita e almacenamento.

EFA-DEPO colabora neste proxecto pola súa dilatada experiencia na identificación de patóxenos fúnxicos en mostras vexetais. Cada socio ten un rol específico e todos participarán en todas as etapas do proxecto, o que dará una implementación conxunta e un valor agregado transnacional. Este sólido consorcio permite un traballo continuo de transferencia sobre a prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas.

Para acadar ese obxectivo establécense as seguintes fases:

a) Crear unha rede entre os socios e as partes interesadas

b) Concienciar as industrias dos efectos negativos da contaminación por micotoxinas e da súa relación co cambio climático

c) Deseñar unha ferramenta conxunta e fácil de usar para a industria baseada nas experiencias dun programa piloto

d) Transferir estes métodos á industria

Páxina web do proxecto: www.agritox.eu

Enlace ás redes sociais: @agritox

Acceso á páxina web da Deputación: www.depo.gal