A Estación > Novas > Detalle nova

Recibimos a visita dos alumnos de 4º Curso da sinatura de Pragas e Patoloxía Forestal da Escola de Enxeñaria Forestal da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra

18 de novembro del 2022

Os alumnos e a profesora Dra. Mª Eugenia López de Silanes, visitaron hoxe os laboratorios da Estación como parte da súa formación en fitopatoloxía forestal. Durante toda a visita coñeceron polo miúdo os problemas actuais mais importantes presentes nas masas e cultivos forestais que podemos atopar na provincia e noutros puntos de España e a repercusión que ocasionan na redución das producións forestais

O alumnado foi recibido polo deputado delegado de Centros de Investigación D. Manuel González Martínez e a continuación, tras unha pequena explicación das funcións e servizos que presta Areeiro, visitaron os diferentes laboratorios do centro.