IX edición da Feira de Produto Gourmet Galego Etiqueta Negra
Persoal técnico da Estación Fitopatolóxica Areeiro participou, un ano máis, na feira Etiqueta Negra presentando o té galego.
Os días 8, 9 e 10 de novembro tivo lugar no Recinto Feiral de Pontevedra a novena edición da citada feira. Este evento reúne profesionais que amosan unha gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.
Un ano máis o persoal técnico da Estación Fitopatolóxica Areeiro estivo presente coa súa marca TéAreeiro, o té verde elaborado na Finca Areeiro, e ofreceu degustacións de diferentes tipos de té cultivados e elaborados neste centro. Ademais, realizáronse varios relatorios para explicar algúns conceptos básicos sobre esta bebida, o seu cultivo e o seu procesado


