VI Reunión do GEDDI-SEF (Toledo, 2025)
Persoal técnico da Estación Fitopatolóxica Areeiro participa na VI Reunión do GEDDI-SEF en Toledo.
Entre os días 21 e 23 de outubro de 2025 tivo lugar en Toledo a VI Reunión do Grupo Especializado en Detección, Diagnóstico e Identificación da Sociedade Española de Fitopatoloxía (GEDDI-SEF).
Trátase dunha xuntanza bienal, onde se reúnen expertas e expertos nacionais de diferentes entidades e laboratorios para compartir os temas actuais nos que se está a traballar e poñer en común as experiencias e as técnicas que se están a levar a cabo nos diferentes centros relacionados coa fitopatoloxía.
En representación da Estación Fitopatolóxica Areeiro participaron Noelia Requeira e Adela Abelleira, que presentaron os seguintes catro traballos nas diferentes sesións desenvolvidas:
- Detección de Heterodera salixophila nun Salix atrocinerea centenario.
- Experiencias na diagnose molecular de flavescencia dourada.
- Detección de Bursaphelenchus braaschae en Pinus spp.
- Xardíns históricos, algúns exemplos da súa problemática fitosanitaria.
Para máis información sobre o desenvolvemento da xuntanza deixamos a ligazón á páxina web do GEDDI-SEF:
https://sef.es/grupos-de-trabajo/contenido/reuniones/vi-reunion-del-geddi-sef-toledo-2025-0


