A Estación > Novas > Detalle nova

Seminario web internacional do proxecto "VITICAST, soluciones innovadoras para la predicción de enfermedades fúngicas en vid" organizado pola Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra), por FEUGA e por Monet Viticultura

06 de setembro del 2021

O pasado 6 de setembro realizouse en liña o seminario web final do proxecto "VITICAST" a través da empresa italiana Vinidea, especializada na transferencia de coñecemento técnico no sector vitivinícola. O seminario web contou con interpretación simultánea ao inglés e tivo un grande éxito de participación, con case 650 persoas rexistradas dos cinco continentes.

No seminario web participaron representantes de todas as entidades que integran o consorcio: Monet Viticultura, FEUGA, EFA, Deputación de Pontevedra, Universidade de Vigo, Viña Costeira, Hacienda Monasterio-Ribera del Duero e Bodegas Familiares Matarromera-Ribera del Duero.

Máis información en: https://viticast.es/