A Estación > Novas > Detalle nova

12 de maio, Día Internacional da Sanidade Vexetal

10 de maio del 2024
Dia da sanidade vexetal

As Nacións Unidas designaron o 12 de maio Día Internacional da Sanidade Vexetal para concienciar a nivel mundial de que a protección da sanidade vexetal pode axudar a poñerlle fin á fame, reducir a pobreza, protexer a biodiversidade e o medio e potenciar o desenvolvemento económico.

Este ano faise un chamamento á concienciación e á acción para manter sas as nosas plantas e garantir a seguridade alimentaria e un comercio seguro que favoreza economías e medios de vida sustentables.

A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura e a Convención Internacional de Protección Fitosanitaria lémbrannos que as plantas son vida, delas depende o 80 % dos alimentos que consumimos e o 98 % do osíxeno que respiramos. Doutra banda, as viaxes e o comercio internacionais están asociados á introdución e propagación de pragas vexetais. As especies praga invasoras son un dos principais motores da perda de biodiversidade e ameazan a delicada rede de vida que sustenta o noso planeta. As pragas e enfermidades tamén se asociaron co aumento das temperaturas, o que crea novos nichos para que as pragas colonicen e se propaguen. Por iso, é esencial protexer a saúde das plantas fomentando prácticas respectuosas co medio, coma a xestión integrada de pragas. As normas internacionais para medidas fitosanitarias (NIMF) que se aplican ao comercio tamén axudan a previr a introdución e a propagación de pragas a través das fronteiras.

Máis información

 

PROTEXER AS PLANTAS PARA PROTEXER A VIDA