La Estación > Noticias > Detalle noticia

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) organizou en Pontevedra, do 22 ao 24 de outubro de 2019, a IV Reunión do Grupo Especializado en Detección, Diagnóstico e Identificación de Patóxenos (GEDDI) da Sociedade Española de Fitopatoloxía (SEF)"

22 de Outubro del 2019 - 24 de Outubro del 2019

En outubro de 2019 a Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), como membro do GEDDI, organizou a cuarta reunión do grupo na sede da Deputación de Pontevedra. Os membros do GEDDI son uns 60 técnicas e técnicos especializados en diagnóstico fitosanitario pertencentes aos laboratorios de diagnóstico de todas as comunidades autónomas de España. Nesta reunión presentáronse 37 traballos que abarcaban as diferentes áreas da fitopatoloxía; entre eles, 14 traballos de fungos e oomicetos, 2 de nematodos, 7 de bacterias e fitoplasmas, 6 de virus e viroides, e 8 de temas xerais. Cos traballos presentados na reunión elaborouse un libro de resumos que se lle entregou a todas as persoas participantes.

As técnicas e técnicos da EFA presentaron catro traballos resumo das recentes investigacións da Estación no campo dos fungos e nematodos que levan por título "Fungos implicados en enfermidades de madeira", "Diagnóstico dos axentes implicados no  decaimiento do carballo en Galicia", "Detección de Sydowia polyspora en sementes de Pinus spp." e "Detección de  Bursaphelenchus xylophilus en Monochamus galloprovincialis". O doutor Pedro Mansilla foi relator convidado con "O diagnóstico na Estación Fitopatolóxica Areeiro".

A reunión inaugurouse coa Xornada sobre Acreditación en Laboratorios de Sanidade Vexetal.

foto grupo