Servizos

Contido web

Servizos da Estación Fitopatolóxica Areeiro

A Estación Fitopatolóxica Areeiro é un centro de apoio global para os sectores agrícola e forestal da provincia.

Os obxectivos orixinais de asesorar en materia de fitopatoloxía, axudar as persoas agricultoras, os servizos oficiais, as empresas, as cooperativas etc. no recoñecemento de pragas e enfermidades e informar das medidas de protección e control que deben seguir para evitar as perdas que ocasionan, ampliáronse progresivamente e, na actualidade, realizamos análises químicas de solos e follas para determinar a fertilidade e mellorar os cultivos; proporcionamos servizo de asesoramento no referente á conservación e mellora da biodiversidade vexetal mediante estudos e informes do arboredo e dos xardíns; e colaboramos na catalogación botánica para potenciar o valor do patrimonio verde e para difundir a importancia histórica e ambiental das especies botánicas que crecen nun ámbito prioritariamente provincial. Toda esta actividade levámola a cabo de maneira coordinada entre as seccións que actualmente constitúen o noso centro: Fitopatoloxía, Bioloxía Molecular, Edafoloxía e Fruticultura, e Ornamentais.

Advanced-Content-List