Tratamento das queixas, reclamacións e suxestións
Na páxina web da Deputación e na de Areeiro ponse á disposición das e dos clientes e das persoas interesadas un formulario de queixas, reclamacións ou suxestións que se pode cubrir na seguinte ligazón:
Todas as queixas trasladadas polas persoas interesadas a través das vías establecidas e dirixidas á Estación Fitopatolóxica Areeiro trataranse da seguinte maneira:
-
Unha vez cuberto o formulario e remitido a través da Sede electrónica da Deputación, faráselle chegar á xefa do Servizo Estación Fitopatolóxica Areeiro para o seu tratamento e contestación.
-
O laboratorio debe acusar recibo da queixa recibida á persoa interesada.
-
As queixas destinadas ao laboratorio serán tratadas como unha "non conformidade" e analizaranse as causas que as provocasen. Se o motivo non se debe a causas internas do laboratorio, a queixa desestimarase e informarase diso a clienta ou o cliente; en cambio, se esta se considera procedente, formularanse as accións correctivas necesarias para emendala.
-
A xefa de servizo supervisará a implantación de todas as solucións adoptadas e informará a ou o cliente (a través de carta, teléfono, fax...) sobre esta.
-
Sempre que sexa posible, o laboratorio notificaralle formalmente á persoa interesada o peche do tratamento da queixa.