Tratamento das queixas, reclamacións e suxestións

Na páxina web da Deputación e na de Areeiro ponse á disposición das e dos clientes e das persoas interesadas un formulario de queixas, reclamacións ou suxestións que se pode cubrir na seguinte ligazón:

https://sede.depo.gal/web/public/registry/external-pre-registryinput-new.xhtml?idbduacproceduretype=50747607

Todas as queixas trasladadas polas persoas interesadas a través das vías establecidas e dirixidas á Estación Fitopatolóxica Areeiro trataranse da seguinte maneira:

  • Unha vez cuberto o formulario e remitido a través da Sede electrónica da Deputación, faráselle chegar á xefa do Servizo Estación Fitopatolóxica Areeiro para o seu tratamento e contestación.

  • O laboratorio debe acusar recibo da queixa recibida á persoa interesada.

  • As queixas destinadas ao laboratorio serán tratadas como unha "non conformidade" e analizaranse as causas que as provocasen. Se o motivo non se debe a causas internas do laboratorio, a queixa desestimarase e informarase diso a clienta ou o cliente; en cambio, se esta se considera procedente, formularanse as accións correctivas necesarias para emendala.

  • A xefa de servizo supervisará a implantación de todas as solucións adoptadas e informará a ou o cliente (a través de carta, teléfono, fax...) sobre esta.

  • Sempre que sexa posible, o laboratorio notificaralle formalmente á persoa interesada o peche do tratamento da queixa.