AVISO FITOSANITARIO EXTRAORDINARIO 30/05/2019

CARBALLO

Defoliacións en ramas de carballos

Esta primavera estase a observar unha defoliación que afecta a unhas ramas (xeralmente exteriores, máis expostas ao sol) de moitos carballos de varias zonas da provincia, sobre todo das zonas centro e sueste. Tomando mostras destas ramas vese que están secas ou parcialmente secas, e con galerías de insectos. Recoméndase a eliminación e destrución, o antes posible para evitar a emerxencia dos adultos, das ramas afectadas.

Antes da caer a folla producese un murchado da mesmaAs follas secas quedan na arbore un tempo antes de cairA seca das ramas dase especialmente nas ramas expostas