Sistema de calidade > Política de calidade

Contido web

Política de calidade

A Dirección da EFA sempre foi consciente de que os sistemas de calidade son ferramentas de xestión que poden axudar as organizacións a controlar e mellorar o seu funcionamento. Na actualidade a EFA está certificada para realizar ensaios en tres seccións: Bioloxía Molecular, Edafoloxía e Fitopatoloxía.

Ademais de apoiar e potenciar o sistema de calidade, a Dirección declara o compromiso de toda a organización nos seguintes aspectos:

  • Cumprir os requisitos da norma ISO 9001
  • Cumprir os requisitos legais e outros requisitos aplicables
  • Conseguir a máxima calidade nos nosos ensaios e asegurar que se realizan segundo unhas boas prácticas profesionais, conforme ás especificacións da ou do cliente e baixo un rigoroso control de calidade que garanta a súa fiabilidade
  • Promover a adquisición dos recursos materiais e humanos precisos para o desenvolvemento da nosa política de calidade
  • Implantar, manter e mellorar continuamente o sistema de calidade de forma que se utilice como unha ferramenta útil e eficaz para a nosa xestión
  • Realizar, como mínimo anualmente, unha revisión global do sistema

Así mesmo, establece a política de calidade do laboratorio mediante os seguintes obxectivos:

  • Satisfacer as necesidades das nosas clientas e clientes, das autoridades reguladoras e das organizacións encargadas do noso recoñecemento
  • Mellorar continuamente o servizo prestado á nosa clientela
  • Traballar ao máis alto nivel de calidade nos nosos ensaios
  • Asegurar a formación continua do persoal do laboratorio

A Dirección entende que a calidade é responsabilidade de todas e todos, e pídelle ao persoal relacionado co sistema que se familiarice coa documentación e continúe coa súa aplicación no seu traballo diario a través dos documentos establecidos. Así mesmo, encoméndalle á persoa responsable de calidade que supervise a eficacia e a implantación do sistema e que garanta que este se implanta e aplica en todo momento.