Sistema de calidade > Queixas e suxestións

Affichage de contenus web

Tratamento das queixas e suxestións

Todas as queixas e suxestións dirixidas á Estación Fitopatolóxica Areeiro trataranse da seguinte maneira:

  • As queixas e suxestións faránselle chegar á xefa de Servizo da Estación Fitopatolóxica Areeiro para o seu tratamento e contestación.
  • O laboratorio debe acusar recibo da queixa recibida á persoa interesada.
  • As queixas destinadas ao laboratorio serán tratadas como unha "non conformidade" e analizaranse as causas que as provocasen. Se a queixa non se debe a causas internas do laboratorio, esta desestimarase e informarase a clienta ou o cliente; en cambio, se esta se considera procedente, formularanse as accións correctivas necesarias para emendala.
  • A xefa de Servizo supervisará a implantación de todas as solucións adoptadas e informará a ou o cliente sobre esta.
  • Sempre que sexa posible, o laboratorio notificaralle formalmente á persoa interesada o peche do tratamento da queixa.

Presentación de queixas e suxestións