Agrégateur de contenus

Primeira xornada de información do proxecto Agritox, dirixida ás técnicas e técnicos dos laboratorios de calidade das industrias agroalimentarias de Galicia

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) colaborou na organización e participou na primeira xornada de información sobre o proxecto Agritox, que tivo lugar, o 1 de outubro de 2020, na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela

01 de outubro del 2020
REunión Agritox Lugo

O día 1 de outubro de 2020, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar a primeira xornada do proxecto Agritox, titulada Prevención e mitigación de micotoxinas na industria agroalimentaria, dirixida principalmente ás técnicas e técnicos dos laboratorios de calidade das industrias agroalimentarias de Galicia. Contou coa participación de 23 persoas, que asistiron aos diferentes relatorios e á mesa redonda. As charlas estiveron centradas na presenza das micotoxinas, nos métodos de detección, de redución e nas implicacións do cambio climático nas micotoxinas nos distintos sectores agroindustriais. Neles seguíronse en todo momento as pertinentes medidas de protección fronte á COVID-19.

Programa da xornada sobre o proxecto Agritox, dirixida ás técnicas e técnicos dos laboratorios de calidade das industrias agroalimentarias de Galicia

REunión Agritox Lugo

17:00 h "Presentación do proxecto Agritox"

Dr. Luis Botana. Coordinador do proxecto. Catedrático do Departamento de Farmacoloxía. Facultade de Veterinaria da USC.

17:40 h "Micotoxinas nos distintos sectores agroindustriais"

Dra. María Jesús Sainz Oses. Profesora titular do Departamento de Produción Vexetal e proxectos de enxeñería. Facultade de Veterinaria da USC.

18:00 h "Avances nos métodos de detección de micotoxinas"

Amparo Alfonso. Profesora titular do Departamento de Farmacoloxía. Facultade de Veterinaria da  USC.

18:30 h "Métodos de redución das micotoxinas na cadena alimentaria"

Jesús González Jartín. Investigador do proxecto Agritox. Departamento de Farmacoloxía. Facultade de Veterinaria da USC.

19:00 h "Implicacións do cambio climático na aparición de micotoxinas"

Dra. María Jesús Sainz Oses. Profesora titular do Departamento de Produción Vexetal e proxectos de enxeñería. Facultade de Veterinaria da USC.

Conferencia do Grupo de Traballo de Galicia

19:30 h Mesa redonda

20:30 h Peche da xornada