Publicador de contenidos

O Laboratorio de Análises de Solos comprácese en comunicar que a técnica de Edafoloxía defendeu con éxito o seu traballo de fin de grao en Química.

Noraboa a Geni e grazas por esforzarse en mellorar

08 de Xullo del 2020

Resumo: Exploración química da fertilidade dos solos ácidos

A exploración química da fertilidade dos solos é una ferramenta moi valiosa para coñecer a súa situación nutricional e proceder a corrixir os factores limitantes que poden impedir o desenvolvemento potencial do cultivo ou para realizar emendas de mantemento.

Neste traballo analizáronse un total de 200 mostras procedentes da comarca do Salnés, de solo dedicado ao cultivo da viña, para avaliar as principais propiedades químicas destes solos desenvolvidos sobre rochas acedas e poder manter un nivel de fertilidade axeitado a curto e longo prazo. Para iso, nos solos seleccionados determinouse a acidez actual (pH en auga) e potencial (pH en KCl), o aluminio cambiable mediante valoración acedo-base, a porcentaxe de materia orgánica por calcinación a 360 ºC, o contido de fósforo por Olsen mediante colorimetría UV-VIS e o contido de bases de cambio  –Ca, Mg, K e Na– empregando a espectrofotometría de absorción e emisión atómica.

Nesta memoria recóllense os intervalos de cada un dos parámetros determinados e establécense categorías para a súa interpretación; os resultados indícannos que a maioría dos solos analizados presentan niveis de fertilidade axeitados. Como principais factores limitantes destacan a forte acidez e os altos niveis de aluminio de cambio –asociados á natureza aceda destes solos– nun 29 % das mostras, que precisarían fortes correccións mediante achegas de materiais encalantes. Outros factores que, en menor medida, poderían supor limitacións serían os baixos niveis de fósforo dispoñible (valores por baixo de 9 ppm) e de materia orgánica (con niveis inferiores ao 3 %).

traballo fin de grado