Advanced-Content-List

Es necesario configurar el portlet antes de poder utilizarlo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 21 de maio

Lembren que a información que aportamos nos avisos fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. Por iso para facer unha xestión adecuada en cada caso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA PREDIO

VIÑA

Estado fenolóxico: (G) - H - (I) [(55) – 57-(60) da codificación BBCH]

Como se pode comprobar segundo os estados fenolóxicos, nesta semana observamos unha maior diversidade, non só entre comarcas ou parcelas senón tamén dentro da mesma viña, atopando desde acios separados ata inicio de floración e mesmo tamén grans xa callados, pero esta última situación é máis testemuñal (e non aparece reflectida arriba).

Mildio

As condicións meteorolóxicas desta semana foron características dos meses de maio na nosa zona, ao igual cas da semana anterior: alternancia de días de precipitacións (especialmente o sábado día 15) con días de chuvascos e outros sen choiva pero con humidade alta. Canto ás temperaturas diúrnas, en xeral foron suaves ou mesmo altas, mentres que nas nocturnas podemos falar tanto de rexistros baixos como bastante elevados (mesmo ata de 16 ºC esta última noite), polo tanto compatibles coa esporulación do mildio.

A situación que observamos nas viñas que visitamos o martes día 18 foi igual que a referida na información fitosanitaria anterior (13 de maio), e só de xeito moi puntual observamos algunha mancha nova con esporulación (verificada hoxe día 21) nunhas plantas testemuña (sen tratamento algún). De feito, na actualidade incluso estas plantas se manteñen bastante sas, fronte ao ano anterior, cando a estas alturas había xa certa defoliación (ver imaxes comparativas).

Aspecto planta testemuñaXa hai perda follas plantas testemuñaEsporulacion en folla planta testemuña

Nestes momentos as predicións meteorolóxicas a curto prazo indican que persistirá a climatoloxía destas últimas semanas (aínda que cunha baixada notoria nas temperaturas diúrnas e nocturnas) para despois estabilizarse. Con esta situación, e sabendo que hai moitas persoas que xa están a renovar os tratamentos, seguimos recomendando a vixilancia das viñas aínda que estean teoricamente protexidas, porque pode ocorrer que incluso na mesma folla haxa manchas ben curadas e outras que non o están, e sabemos que a floración, que está próxima ou comezando, é unha fase moi sensible a esta patoloxía. Por este motivo, non descoiden tampouco as prácticas culturais de sega da vexetación do solo, que medra vigorosamente debido ao tempo que se rexistra.

Mancha curada (azul) e so medianamente (vermello)

 

Oídeo

Tampouco nesta semana vimos síntomas do fungo en ningunha das viñas que visitamos.

Botrite

Aínda que esta semana observamos aínda máis pampos rotos debidos ao vento, e tamén follas, non detectamos síntomas de podre. Con todo, lembren que estes pampos que están a secar é conveniente retiralos.

Viñas mais expostas significativa perda pamposOs pampos rotos do vento fan perder producion potencial

Black rot

Nesta semana detectamos en dúas viñas tratadas algunha folla cunha pequena mancha do patóxeno, e é que as condicións meteorolóxicas son favorables. Lembren que hai produtos fronte o mildio e/ou fronte ao oídio que tamén amosan eficacia fronte a este fungo e que a posible presenza de plantas abandonadas próximas afectadas contribúe de xeito significativo a incrementar o risco de ataque, polo que deben ser eliminadas.

Mancha black rot amosando picnidiosPlantas abandonadas son fonte inoculo black rot

Outros parasitos da viña

Como incidencias máis salientables destacamos a aparición dos primeiros glomérulos de Lobesia esta semana (sen risco) a permanencia de caracois en moitas viñas.

Nesta semana primeiros glomerulos LobesiaGasteropodos ainda comendo follas