Certificación da Estación Fitopatolóxica Areeiro por parte da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR)
Na EFA establecémosnos como obxectivo prioritario mellorar continuamente a calidade dos servizos prestados aos nosos clientes. Por iso, adaptamos o noso funcionamento aos requisitos que establece a norma de xestión de calidade UNE-NISO 9001:2015 e obtivemos o recoñecemento externo da ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE do noso laboratorio por parte dunha entidade de certificación de calidade (concretamente AENOR)
Significado da certificación:
Esta certificación asegura que o laboratorio estableceu unha serie de actividades para xestionar adecuadamente a calidade dos ensaios realizados: control de todos os procesos involucrados mediante indicadores de alerta, establecemento de obxectivos anuais de calidade, realización de actividades de control de calidade en cada ensaio, establecemento de sistemáticas de detección e control de non conformidade, enquisas periódicas de satisfacción de clientes, etc...
Mellora continua:
Unha vez acadado este obxectivo, cremos, se cabe, aínda máis na mellora continua da calidade e, por iso, seguímosnos marcando metas de calidade como a ampliación do alcance da certificación.