A Estación > Novas > Detalle nova

Reunión seguimento proxecto "KIWI-SENS"

Reunión de seguimento do proxecto "KIWI-SENS, sistema integral de monitorización de cultivo mediante o uso de tecnoloxías IOT de baixo custo e intelixencia artificial para a mellora da xestión e optimización do kiwi en Galicia", no que participa a Estación Fitopatolóxica Areeiro

2 de febreiro del 2026
forcarei obras cunetas EP-7203

O 3 de febreiro tivo lugar telematicamente a reunión técnica entre as e os promotores e colaboradores deste proxecto, na que se presenta a monitorización do cultivo do kiwi para optimizar de forma integral o seu manexo e dar un salto cualitativo e cuantitativo na súa produción.

Na devandita reunión expuxéronse os datos obtidos polo persoal técnico da Estación Fitopatoloxica Areeiro a partir das análises realizadas nas mostras das plantacións de kiwi seleccionadas para estudalo, detectar a bacteria Pseudomonas syringae pv actinidiae (Psa) e determinar o grao de polinización das flores femininas de Actinidia deliciosa, así como a viabilidade e a xerminación do pole das flores masculinas.

Con base nestes resultados, coordináronse as mostraxes que se levarán a cabo durante este ano para poder integrar estes datos nos rexistros climáticos e agronómicos, e así desenvolver ferramentas de predición de risco da Psa e sistemas de seguimento e alerta de xeadas que permitan favorecer a polinización.

Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader)