A Estación > Novas > Detalle nova

Evento informativo de inicio do proxecto "Blue Bioeconomy in the Atlantic Area: New Products from Marine Organisms", no que participa a Estación Fitopatolóxica Areeiro

O día 30 de xaneiro terá lugar un seminario técnico encadrado no proxecto europeo "BEAP-MAR" (Blue Bioeconomy in the Atlantic Area: New Products from Marine Organisms; en galego "Bioeconomía azul no espazo atlántico: novos produtos a partir de organismos mariños").

30 de xaneiro del 2024
Blue Bioeconomy in the Atlantic Area: New Products from Marine Organisms

 

A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra é un dos socios participantes deste proxecto, que abordará os principais retos clave da bioeconomía azul no espazo atlántico e que acaba de ser aprobado no marco da primeira convocatoria do programa "Interreg Atlantic Area 2021-2027".

O seminario realizarase de forma presencial na sala Galeno da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, pero poderá seguirse tamén en liña.
É necesario inscribirse tanto para asistir de xeito presencial coma en liña.

Rexistrarse e ver o programa