A estación > Novas > noticia-detalle

Auditoría de seguimento de certificación do sistema de xestión de calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2005 na Estación Fitopatolóxica Areeiro

07 de setembro del 2022

O 3 de agosto de 2022 os laboratorios integrados no Plan de calidade da Estación Fitopatolóxica Areeiro (seccións de Bioloxía Molecular, Edafoloxía e Fitopatoloxía) tiveron a segunda auditoría de seguimento de certificación realizada pola empresa externa AENOR baixo a norma de aplicación UNE-EN ISO 9001:2015, segundo o expediente 2005/0771/ER/01 e co número de certificado ER-1513/2005.

Os obxectivos da auditoría foron:

  • Determinar a conformidade do sistema de xestión da organización ou empresa auditada cos criterios de auditoría
  • Avaliar a súa capacidade para cumprir cos requisitos legais, regulamentarios e contractuais aplicables
  • Avaliar a súa eficacia para cumprir os obxectivos especificados e, cando corresponda, identificar posibles áreas de mellora da organización ou empresa

Esta avaliación realizouse para as actividades incluídas actualmente no alcance:

  • Detección e identificación de organismos fitopatóxenos: fungos, oomicetos, fitoplasmas e bacterias por técnicas moleculares (PCR, PCR-RFLP, NESTED-PCR, MULTIPLEX-NESTED PCR e SECUENCIACIÓN)
  • Realización de ensaios de eficacia de funxicidas in vitro
  • Mostraxe, análise e identificación de Bursaphelenchus xylophilus por morfoloxía e técnicas moleculares
  • Detección de virus da vide (GLRV I, II, III; GFLV; ArMV e GFKV), virus hortícolas e bacterias Xylophilus ampelinus, Xylella fastidiosa da vide, Xylella fastidiosa de leñosas e ornamentais pola técnica ELISA
  • Análise fisicoquímicos en solos (pH, catións, materia orgánica, fósforo e aluminio)

Tras a auditoría informouse, por parte de AENOR, da avaliación CONFORME e o equipo auditor destacou como puntos fortes do noso sistema:

  • O alto grao de colaboración e participación do persoal auditado
  • A competencia técnica do persoal auditado
  • O nivel de satisfacción que se obtivo nas enquisas

Parabéns a todo o persoal polos bos resultados alcanzados.