A Estación > Novas > Detalle nova

A Finca Areeiro renova a súa certificación de Destino de Turismo Científico Observer

1 de maio del 2023
Carmela Silva

 

O Parque Botánico da Finca Areeiro recibiu recentemente a renovación da acreditación como Destino de Turismo Científico Observer®, que o inclúe nas Rutas da Ciencia Certificadas, na categoría de Destino Botánico de Excelencia 2023, cunha puntuación de 8,7 sobre 10.

En novembro de 2021 a Finca Areeiro sumouse á lista de lugares que contan coa certificación Observer® como destino turístico científico, un selo de calidade que recoñece o valor científico, ambiental e patrimonial destes espazos. Con esta renovación, Areeiro segue promovendo e divulgando o noso patrimonio vexetal, e destacando a importancia da ciencia e a investigación para conservar a natureza. Este certificado confirma o éxito das visitas guiadas realizadas á Finca Areeiro.