Asset Publisher

Reunión preliminar sobre a mortalidade dos ameneiros causada polo oomicete "Phytophthora alni"

As técnicas e técnicos da EFA-Depo participan na reunión técnica por videoconferencia organizada pola Subdirección Xeral de Política Forestal e Loita contra a Desertificación (Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación) do Ministerio de Transición Ecolóxica para tratar o tema da mortalidade dos ameneiros causada polo oomicete Phytophthora alni

23 de outubro del 2020
Reunión Preliminar sobre la Mortandaz de AlisosO ameneiro é unha especie de grande importancia para os ecosistemas riparios que desempeña un importante papel ecolóxico e exerce un efecto beneficioso sobre a calidade da auga e o control de inundacións. Xoga tamén un importante papel na mellora do solo. Ademais, os ameneiros fan unha valiosa contribución á biodiversidade.

Desde hai uns anos os ameneiros dos diferentes ecosistemas fluviais europeos están ameazados por unha agresiva enfermidade causada polo oomicete Phytophthora alni (P. x alni, P. uniformis e P. x multiformis). En diferentes puntos da península ibérica, entre eles Galicia, observáronse decaementos e mortes dispersas de arboredo ocasionadas por este patóxeno, que foi detectado por vez primeira en España pola EFA no ano 2010. A EFA ten unha ampla experiencia no diagnóstico destes oomicetes, que se recolle nas seguintes publicacións: (http://dx.doi.org/10.1094/PDIS-94-2-0273A,  https://doi.org/10.1094/PDIS-10-11-0891-PDN, https://doi.org/10.1094/PDIS-08-16-1092-PDN).

Ante a importancia que están tomando a morte masiva de ameneiros na península ibérica, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación (DGBBeD), organizou por videoconferencia unha reunión para tratar de abordar o problema con diferentes organismos e investigadoras e investigadores que traballaran nos últimos anos neste problema, entre eles a EFA, que realiza na actualidade as analíticas dos ameneiros para a Confederación Miño-Sil.

Cada grupo expuxo a situación e os resultados dos traballos realizados durante os últimos anos en relación coa detección do fungo causante deste grave problema e a avaliación da tolerancia de distintos xenotipos e posibilidades para establecer accións de mellora e conservación de recursos xenéticos, co fin de que nun futuro se poidan abordar estudos conxuntos por parte da Secretaría Xeral de Política Forestal e Loita contra a Desertificación en coordinación ou en colaboración co resto de organismos, entre eles a EFA.