Asset Publisher

Terceira reunión técnica en liña do proxecto europeo Agritox

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) como socio do proxecto titulado "Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas en alimentos e pensos polo cambio climático", participou na terceira reunión técnica organizada pola Faculdade de Ciencias, Universidade de Porto (FCUP) e realizada o 1 de Xuño en formato en liña.

1 de xuño del 2021

Terceira reunión tecnica agritox

Terceira reunión tecnica agritox

O 1 de xuño de 2021 tivo lugar a terceira reunión técnica do proxecto Agritox titulado "Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas en alimentos e pensos polo cambio climático" con participación de todos os socios participantes:

España: Universidade de Santiago de Compostela, Laboratorio CIFGA e Estación Fitopatológica Areeiro-Deputación de Pontevedra (EFA-DEPO). Portugal: Faculdade de Ciências dá Universidade do Porto e Cooperativa Agrícola de Vila do Conde. Irlanda: TEAGASC- Agriculture and Food Development Authority. Reino Unido: Queen' s University Belfast. Francia: Agence nationale de sécurité sanitaire de l' alimentation, de l' environnement et du travail

A reunión centrouse nas modificacións do proxecto e na exposición dos traballos realizados por cada socio no últimos seis meses. 

A EFA-DEPO analizou mostras de millo forraxeiro procedentes de catro localizacións de Galicia. Obtivéronse máis de 1.000 illados fúngicos que foron identificados por técnicas morfolóxicas e moleculares e analizouse a presenza de quimiotipos para as fumonisinas e acratoxinas.