Visita do alumnado e das e dos docentes do obradoiro de emprego Xóvenes Moraña-Valga
01 de outubro del 2021
O alumnado e as e os docentes do obradoiro de emprego Xóvenes Moraña-Valga da especialidade de forestais visitaron as nosas instalacións o 1 de outubro deste ano.
O deputado delegado Manuel González realizou unha presentación de Areeiro e, a continuación, visitaron a leira e as dependencias do centro.
O alumnado estaba interesado nos problemas sanitarios de especies forestais, na diagnose, na colocación de trampas, nos cebos e na aplicación de protocolos de control de pragas e enfermidades coma o cancro do castiñeiro ou a procesionaria do piñeiro, entre outras.