Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

Primeiras Deteccións

 

  • Conidias de Diplodia corticola

    Primeira cita de Neofusicoccum mediterraneum e Diplodia corticola en vide en España

    2011

    Plant Disease 95,10: 1315: First Report of Cankers and Dieback Caused by Neofusicoccum mediterraneum and Diplodia corticola on Grapevine in Spain.

    En novembro de 2010 analizáronse mostras de vide procedentes dun viñedo de Sevilla que presentaba cancros no tronco. Nestas mostras identificouse, por primeira vez en España, a presenza de Neofusicoccum mediterraneum e Diplodia corticola como patóxenos que causan cancros e morte regresiva da vide.

  • Síntomas de Pseudomonas syringae pv actinidiae en Kiwi

    Primeira cita de Pseudomonas syringae pv actinidiae en España

    2011

    Plant Disease 95,12: 1583: First Report of Bacterial Canker of Kiwifruit Caused by Pseudomonas syringae pv. actinidiae in Spain.

    O cancro bacteriano do kiwi ocasionado por Pseudomonas syringae  pv. actinidiae é actualmente a principal ameaza para a súa produción en todo o mundo. Foi detectado por primeira vez en Galicia e en España, sendo nosa comunidade a que maior superficie posúe deste cultivo no noso país, coas importantes perdas que implica a detección desta enfermidade.

  • Detalle espicula do macho de B. xylophilus

    Primeira cita de Bursaphelenchus xylophilus en Galicia

    2011

    Plant Disease 95, 6:776.1: Detection of Bursaphelenchus xylophilus, Causal Agent of Pine Wilt Disease on Pinus pinaster in Northwestern Spain.

    B. xylophilus, organismo de corentena e praga prioritaria, foi detectado nunha masa afectada de P. pinaster no municipio das Neves (Pontevedra, Galicia) en 2010. A nosa comunidade é unha das principais produtoras de madeira de piñeiro de España.

  • Xenitalia macho Blastopsylla occidentalis

    Primeira cita na Península Ibérica Blastopsylla occidentalis

    2011

    Bol. Sanidad Vegetal Plagas 37: 139-144: Primera cita en la Península Ibérica de Blastopsylla occidentalis Taylor (Homoptera: Psyllidae).

    Este psílido infesta do eucalipto detectouse en eucaliptais do SO de España e Sur de Portugal, tanto en planta de viveiro como en árbores xa establecidas no exterior.

  • Parella Psyllaephagus bliteus

    Primeira cita en España Psyllaephagus bliteus

    2011

    Bol. Sanidad Vegetal Plagas 37: 37-44: Primera cita en España de Psyllaephagus bliteus Riek (Hymenoptera, Encyrtidae), parasitoide de Glycaspis brimblecombei Moore (Hemiptera, Psyllidae).

    Psyllaephagus bliteus é un parasitoide específico da praga do eucalipto Glycaspis brimblecombei, e detectouse en poboacións deste psílido en eucaliptais de Huelva.