Servizos > Primeiras deteccións de patóxenos

 

  • Illamento de Neofusicoccum parvum en fragmentos de vide

    Primeira cita Neofusicoccum luteum e Neofusicoccum parvum en Rhododendron en España

    2011

    Plant Disease 95,2:221.2: First Report of Dieback on Hybrid Rhododendrons Caused by Neofusicoccum luteum and Neofusicoccum parvum in Spain.

    Durante a prospección realizada en xardíns e parques galegos durante o ano 2010, observouse en Rhododendron spp. unha sintomatoloxía caracterizada por decaimiento e morte de brotes. Na análise destas mostras detectouse, por primeira vez en España, a presenza de Neofusicoccum luteum e N. parvum.

  • Síntomas en boj

    DETECCIÓN DE Cylindrocladium buxicola Henricot EN GALICIA.

    2009

    Cylindrocladium buxicola, incluído ata novembro de 2008 na lista de alerta da EPPO (European Plant Protection Organization), provoca unha importante enfermidade foliar que afecta a diferentes especies de Buxus sendo especialmente sensible Buxus sempervirens cv. Suffruticosa. O fungo foi identificado ata a data en diversos países Europeos e en Nova Zelandia, pero ata o momento non se detectara a súa presenza no noso país. A primeira detección do patóxeno en España faise en Galicia en setembro 2008 no noso laboratorio (EFA), sobre plantas en contendor de Buxus spp. procedentes de viveiro non detectándose ata o momento sobre plantas de buxo dos pazos e xardíns galegos.

    Os síntomas da enfermidade son manchas circulares ben definidas e escuras na cara e no envés das follas así como liñas negras lonxitudinais nos talos. Se o ataque é grave prodúcese unha forte defoliación. Sobre as manchas foliares e nos ramiños poden observarse as frutificacións do fungo constituídas por conidioforos ramificados portadores de conidios cilíndricos característicos do xénero. A identificación da especie realizouse por técnicas morfolóxicas e moleculares seguindo a primeira descrición da mesma feita por Henricot e Culham no ano 2002.

  • Árbores de Alnus glutinosa afectados por Phytophthora alni

    DETECCIÓN DE Phytophthora alni subsp. alni EN ESPAÑA.

    2009

    Cítase unha nova especie de Phytophthora identificada morfolóxica, fisiolóxica e molecularmente, por primeira vez sobre Alnus en España: Phytophthora alni subsp. alni Brasier & S.A. Kirk (Plant disease, 94 (2): 273)

    En xullo de 2009, a EFA detecta Phytophthora alni subsp. alni, nunha mostra de ameneiro procedente dunha zona de ribeira (Rio Avia, Ourense) con síntomas de decaemento. Trátase dunha especie de Phytophthora bastante agresiva, que provoca podremias radiculares e de colo a diferentes especies de Alnus situadas fundamentalmente en bosques na ribeira. O fungo, citado en numerosos países europeos, sendo especialmente agresivo en Gran Bretaña, non se identificara en España ata a data, aínda que os seus síntomas, entre os que se poden citar: follas amarelas, pequenas e escasas e exsudados na parte baixa do tronco, que poden acadar dous ou tres metros de altura, foran descritos en ameneiros situados nas ribeiras de numerosos ríos da cornixa Cantábrica.

    Tras unha mostraxe detallada en toda a comunidade autónoma galega, o patóxeno foi detectado nas catro provincias.

  • Síntomas

    DETECCIÓN DE Arabis mosaic virus EN ESPAÑA

    2008

    Arabis mosaic virus (ArMV, género Nepovirus, familia Comoviridae) atópase xunto co Entrenó curto infeccioso (GFLV), entre os Nepovirus europeos responsable da Dexeneración infecciosa da vide.

    Afecta principalmente aos viñedos de Centroeuropa e non fora citado ata o momento en España. Prevíase que podía aparecer polo norte peninsular debido á asociación deste virus coa viticultura de climas fríos. A primeira detección deste virus realízase no noso país, en Galicia na Denominación de Orixe "Rias Baixas", no verán de 2007. Foi detectado en dous viñedos da variedade Albariño, que presentaban síntomas de mosaicos, amarelado en follas e corremento nos acios. Tamén foi identificado o seu vector, Xiphinema diversicaudatum (Nematoda: Longidoridae). A segunda detección, realizouse na primavera de 2008, no País Vasco dentro da Denominación de Orixe Rioja, nun viñedo da variedade ‘Tempranillo', que non presentaba síntomas foliares específicos, pero se vira afectando durante o callado. A epidemioloxía do ArMV está condicionada á presenza do seu vector X. diversicaudatum, nematodo polífago, que pode transmitir o virus a diferentes hóspedes tanto leñosos coma herbáceos.

    Esta enfermidade, xunto ás principais viroses da vide, regulásese o seu control no Regulamento Técnico de Control e Certificación de Plantas de Viveiro de Vide (Real Decreto 208/2003 do 21 de febreiro e a Orde APA/ 2474/2006 do 27 de xullo), co obxectivo de seleccionar material vexetal certificado, exento destas importantes viroses.

  • Globodera pallida

    DETECCIÓN DE Globodera pallida EN GALICIA.

    2007

    Globodera pallida (Stone, 1973) Behrens 1975 é un nematodo formador de quistes que xunto a especie Globodera rostochensis (Wollenweber, 1923) Skarbilovich 1959, o nematodo dourado, causan importantes perdidas no cultivo da pataca, e ámbalas dúas especies denomínanse 'nematodos do quiste da pataca'. Son endoparásitos obrigados e posúen unha gran capacidade de adaptación, polo que son difíciles de erradicar, as femias ao morrer endurecen a súa cutícula e no seu interior atópanse 600-800 ovos que poden permanecer en fase latente durante varios anos se as condicións lle son adversas.

    Os danos principais debido a estes nematodos son reducións importantes nas colleitas e tubérculos de pequeno tamaño. Ámbolos dous patóxenos son de corentena e atópanse incluídos na Lista A2 da EPPO (European and Mediterranean Plant Protection Organization), e na Directiva 27/33/CE DO CONSELLO DO 11 de xuño de 2007 relativa ao control dos nematodos do quiste da pataca e pola que se deroga a Directiva 69/465/ CEE nas que se establece as medidas que os estados membros deben adoptar contra os nematodos do quiste co fin de detectar a súa aparición, determinar a súa distribución, evitar a súa propagacion e telos baixo control.

    En Galicia Globodera rostochensis está amplamente distribuída en todas as zonas produtoras de pataca, con todo Globodera pallida na nosa comunidade aparece puntualmente, durante o ano 2007 determinouse en dúas mostras no noso laboratorio, ata o momento, non estaba recoñecida a súa presenza en Galicia segundo a publicación de Belo A., et al. 2005 na que se estuda a distribución dos nematodos de corentena en España, entre os cales esta incluído Globodera pallida.