Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 28-02-2024

VIÑA

Detección das primeiras esporas de mildio.- Como ben é sabido, este outono e inverno foi e está a ser moi chuvioso e temperá, e tamén sabemos que xa houbo algunha "primavera adiantada" debido a unhas temperaturas moi superiores ás normais para a época do ano. Estas condicións loxicamente teñen as súas consecuencias sobre  as plantas e tamén sobre as pragas e enfermidades. Deste xeito, e en relación ao mildio, algúns algoritmos externos xa apuntaban á maduración da oospora de mildio a finais de xaneiro, e un que se manexa no proxecto PLASMOWINE, a primeiros deste mes. Porén, nós non puideramos confirmalo a nivel práctico, pois precisamente as altas temperaturas de finais de outono unidas aos temporais que confluíron no mesmo momento invalidaron a recollida de mostras de follas realmente viables para iso. Non obstante, onte recollemos o tambor dos captadores de esporas que temos instalados ao amparo do PLASMOWINE e, na lectura ao microscopio do día 21 no do Salnés (non no de Areeiro) confirmamos a captura dos primeiros esporanxios do oomicete.

Esporanxio de Plasmopara viticolaCaptador de esporas
Concentración diaria de esporas

A detección dos primeiros esporanxios e a climatoloxía destas semanas que, segundo as previsións meteorolóxicas, parece que se vai manter nos próximos días, implica que en canto as viñas estean ben brotadas (de xeito máis ou menos uniforme dentro da parcela) haberá que iniciar os tratamentos antimildio, sobre todo naqueles predios fortemente afectados polo patóxeno na campaña anterior.