Advanced-Content-List

You must configure the portlet before you can use

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 05/05/2023

VIÑA

Estado fenolóxico: G (acios separados) [BBCH: 55-57]

Mildio

En xeral, as condicións climatolóxicas que se produciron durante esta semana foron de certa inestabilidade, e por iso houbo unha elevada humidade no ambiente, representada por choivas, humidade foliar ou humidade relativa. Estas condicións húmidas unidas a unhas temperaturas nocturnas bastante altas, compatibles algúns días coas condicións para as infeccións secundarias, provocaron a aparición de manchas novas nas plantas testemuña que mantemos sen tratamento en predios de todas as comarcas e tamén nas vides de variedades pouco sensibles que hai nos muros e ao longo das vías de acceso a certas parcelas.

20230503 Abundantes manchas recentes en planta testemuña 20230503 Enves de folla con manchas recentes en planta testemuña Incrementáronse as manchas nas plantas abandonadas aínda con deriva de tratamentos

Tamén algunhas persoas (técnicas e viticultoras) nos informaron de predios con infeccións non controladas e xa síntomas en acios e pampos. Porén, nas viñas que revisamos nós esta semana (as habituais da nosa rede máis outras ao azar) foi ben notoria a protección dos funxicidas, pois as manchas antigas non presentaban unha frutificación viable nin zonas de avance e só en determinados predios observamos algunha mancha nova dispersa en plantas ás que probablemente non chegaran ben os produtos. Ben é certo que, polo de agora, a concentración diaria de esporas que recollemos no captador da nosa viña de Areeiro (o que temos en Ribadumia non está funcionando ben) dentro do proxecto PLASMOWINE é baixa, aínda que tamén o é que esta última semana tivemos os valores máis elevados de toda a campaña.

Concentración diaria de esporanxios
20230503 Mancha de mildio con esporulación non viable

Con todo, parece que a curto prazo vai continuar o tempo inestable e as temperaturas nocturnas elevadas, polo que será necesario continuar en alerta ante a potencial aparición de máis síntomas, en especial naquelas viñas nas que estea próximo a concluír o período de protección teórico do tratamento anterior. Nestes casos será preciso renovar as intervencións. Xa a medio prazo as predicións a día de hoxe apuntan cara unha maior estabilidade e un descenso nos rexistros mínimos; de ser así o risco de novas infeccións diminuirá.

No caso de ter que renovar a intervención lembren que hai que facelo en momentos sen vento ou nos que, como máximo, se movan lixeiramente as follas das árbores. Fóra desta boa práctica os produtos non quedan nas plantas, non queda protexida a viña e se produce contaminación doutras áreas

Nas plantas conducidas en espaller, ou baixas en xeral, é importante manter ben rozada a cuberta vexetal do viñedo: as gramíneas e outras plantas adventicias están coa inflorescencia, que sobe a altura do vexetal, e non deben alcanzar aos órganos da viña para non incrementar a xa elevada de seu humidade que se rexistra

Outras incidencias

Ao marxe das referidas a semana anterior, tamén esta semana observamos os primeiros gromos rotos polo vento nalgunhas viñas. Se a situación é coincidente, convén eliminalos para evitar que coa humidade se instalen fungos oportunistas.

Primeira mancha de black rot en Areeiro Planta con síntomas de enfermidade de madeira A climatoloxía favorece a presenza de caracois

MACEIRA

Moteado

Nas plantas habituais do noso seguimento non apareceron aínda os primeiros síntomas do fungo. Non obstante, nas variedades máis sensibles que soen ter problemas polo patóxeno todos os anos pódese aplicar un tratamento debido á climatoloxía cálida e húmida que temos.

Manchas incipientes de moteado

Pulgón cincento

Vimos esta semana as primeiras colonias deste áfido en Areeiro. Non iamos tratar, así que o que fixemos foi eliminar e destruír os gromos danados. En calquera caso, é preciso iniciar a vixilancia, pois os seus ataques poden encarrapuchar as follas e, o que é máis grave, deformar os froitos.

Primeiras colonias de pulgón cincento 2023

Avelaíña da maceira (Cydia pomonella)

Esta semana recollemos un novo adulto na trampa que temos instalada nas maceiras de Areeiro.

Instalación de trampa delta en manzano al inicio de campaña

PEXEGUEIRO

Lepra

Están a aparecer os primeiros síntomas debido ás condicións húmidas e quentes desta tempada. É conveniente aplicar un tratamento fronte a enfermidade.

Humidade favorece lepra melocotoeiro

HORTÍCOLAS EN XERAL

Varios fungos patóxenos

Tamén as condicións meteorolóxicas destas semanas favorecen aos patóxenos habituais destas plantas. É preciso aplicar un tratamento unha vez finalicen as precipitacións, cando tamén continuará a evaporación da humidade do solo.

Detalle del sintoma del mildiu de la cebolla

BUXO

Cydalima perspectalis

A semana anterior comentabamos que xa non atopabamos eirugas nas sebes que vixiamos, só crisálides. Pois ben, nas revisións desta semana aínda apareceu algunha eiruga ben desenvolvida e na poboación mantemos no laboratorio continúana nacer os primeiros adultos.

Crisalida de C perspectalis Adultos de Cydalima xa nacen no laboratorio