You must configure the portlet before you can use

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 25 XUN 2020

Para elaborar a información e recomendacións que se aportan pártese das revisións realizadas ás nosas parcelas de seguimento e a outros predios que visitamos e tamén dos datos que, ás veces, nos proporcionan outros técnicos e viticultores. Por iso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR POIS PODE VARIAR, non só polas condicións do entorno senón tamén polas actuacións ou prácticas que se realizan en cada caso.

VIÑA

Estado fenolóxico: K (75-77 da codificación BBCH)
20200623_Acios pechados por altas temperaturas

As altas temperaturas de estes días e o tempo soleado que houbo en xeral favoreceron que nas viñas máis adiantadas xa estean os grans tocándose na maioría de acios e que nas outras se estea a acadar este estado.

Mildio

Nalgunhas localidades houbo precipitacións lixeiras entre os días 20 e 21 (a pasada fin de semana); noutras, ou mellor dito en case todas, néboas locais ao longo de períodos máis ou menos longos de tempo nos últimos días, e na totalidade de comarcas temperaturas nocturnas elevadas con humidade foliar durante horas, como está sendo a tendencia normal desta campaña tan complicada. Tamén é certo que se rexistraron as anunciadas temperaturas superiores a 30 ºC, pero na maioría de zonas durante un tempo insuficiente para producir desvitalización dos esporanxios.

Todas estas circunstancias tiveron o seu reflexo nas numerosas viñas que visitamos nesta semana, e nas que observamos unha diversidade de situacións cuxos estremos foron os seguintes:

  • dun lado, síntomas completamente viables ou mesmo avanzando aínda despois de ter feito un tratamento. Nestas situacións máis graves, incluso acios completamente soleados presentaban frutificación e/ou outros danos.
 20200623_Viñas protexidas mesmo con acios mildio20200623_Mesmo acios soleados mildio en viñas moi afectadas
  • doutro lado, síntomas ben controlados, tanto en acio como en folla, e sen frutificación ou zona de avance ningunha a pesar de que nalgúns casos xa se rozaba o fin do período de protección da aplicación precedente.
20200623_Mancha de aceite totalmente necrosada

No medio destes casos, o resto de viñas, que presentaban tanto síntomas ben contidos como algúns aínda non ben controlados, sobre todo a nivel dos acios, sendo esta a situación máis frecuente. Pola súa banda, nas plantas testemuña continúa evolucionando a perda de follas (acios xa perdidos totalmente na maioría).

20200612_Evolucion planta testemuña20200623_Evolucion perda follas en planta testemuña

A día de hoxe, a totalidade de previsións meteorolóxicas consultadas apuntan ao mantemento de condicións favorables ás infeccións, con choivas (en xeral de escasa entidade) calquera día ata domingo, humidade alta e temperaturas mínimas tamén elevadas. Deste xeito, e combinado coa cantidade de inóculo presente este ano, temos que seguir recomendando as revisións exhaustivas e continuas das viñas para comprobar a evolución da enfermidade, dar un novo tratamento (con funxicidas que teñan acción curativa e antiesporulante) se a evolución da enfermidade é continua e nunca descoidar as prácticas culturais que facilitan a ventilación dos acios.

20200623_Este ano fundamentais rozas e despuntesEliminar pampos cara o solo reduce condicións favorables enfermidades

 

Oídio

As condicións típicas desta época son favorables ao oídio, e máis neste ano no que tamén as temperaturas nocturnas son tan elevadas. Ademais, sabemos que a luz difusa tamén é moi favorable ao patóxeno co que é de esperar que continúe o seu avance naquelas viñas onde non se lograra frear coas intervencións realizadas. Permanecer moi alertas para poder reaccionar a tempo, pois nalgunhas das viñas que visitamos esta semana xa hai acios que presentan algún gran rachado.

20200623_Acio con oídio20200623 Empezan grans rachados en acios oídio

Black-rot

Nas viñas tratadas non observamos síntomas novos nin en acio nin en folla, pero na zona de Salvaterra vimos esta semana unhas plantas abandonadas que non controlaramos antes con síntomas evidentes en folla e en acio. Estas plantas estaban na estrema dunha viña cultivada, e polo tanto sometida a tratamentos, onde apenas observamos síntomas foliares dispersos, do que se deduce que os funxicidas que utilizan nesa viña teñen efecto tamén fronte a esta enfermidade.

20200623_Sintomas black rot viña abandonadaPicnidios black rot visibles como puntiños negrosVista parcial acio síntomas mais iniciais black rot

Botrite

A humidade elevada parece que se vai manter nos próximos días, e tamén vai haber temperaturas altas, combinación que favorece ao patóxeno. Por este motivo, haberá que incrementar a vixilancia, considerando que ademais xa se empezan a ver acios rachados por oídio e que en breve aparecerán os primeiros acios con perforacións das eirugas da avelaíña.

20180805_Mostra de Moscatel con oidioOco de penetración eiruga couza e sintoma no gran

Alteracións da madeira

As temperaturas elevadas favorecen a manifestación dos síntomas nas plantas que están afectadas por fungos causantes destas enfermidades. Nalgunhas destas plantas o avance é xa tan evidente que xa están a secar, polo que é pouco probable que sobrevivan á infección. Aconséllase ir marcando as plantas enfermas, eliminar o/s brazo/s afectado/s se son puntuais (aplicando funxicida despois no corte) e arrincar e destruír xa as plantas mortas.

20200623_A calor facilita expresión síntomas madeira20200623_A calor facilita expresión síntomas madeira_2

Avelaíñas do acio

Observamos esta semana o primeiro ovo da avelaíña da couza, a pesar de non ter capturas de adultos nas trampas de feromonas na viña onde o atopamos, de onde se deduce que non é suficiente con controlar as trampas senón que tamén hai que facelo nos acios. Incrementar a vixilancia, porque en breve aparecerán as primeiras perforacións das eirugas.

20200623_Postas avelaíñas acio difíciles ver20200623_Posta avelaíñas mais en detalle

Cicadelidos

Nas nosas trampas mantívose en niveis similares aos da semana anterior o número de adultos recollidos, a maioría dos cales non son Empoasca vitis senón Zygina rhamni. Canto aos recontos de ninfas nas follas, os valores obtidos son moi reducidos, e tamén a maioría das contadas son da segunda especie.

20200623_Cicadelidos dominantes non son EmpoascaNinfa de Zygina rhamni en folla

Ácaros

En dúas viñas das visitadas esta semana había un número importante de follas tenras con erinose de verán, pero como sabemos este ácaro non é preciso tratalo na nosa zona máis que en casos moi puntuais de planta nova fortemente afectada.

 Síntomas de erinosis de generaciones estivalesSíntomas de erinose de verán nunha variedade tinta

CÍTRICOS

Pulgóns

Como era previsible, a maioría dos cítricos que se observan nos predios presentan colonias de pulgón. Porén, nalgúns deles atópanse xoaniñas ou outros depredadores alimentándose, o cal debe ser comprobado antes da planificación dun posible tratamento.

Xoaniña en gromo limoeiro con pulgón

Psila africana

Tamén notamos un incremento na presenza desta praga nos cítricos que observamos nos nosos percorridos, polo que temos que manter a recomendación da semana anterior: eliminar os gromos afectados nas árbores e/ou aplicar un tratamento con insecticidas autorizados para o control de psílidos en cítricos: aceite de parafina 54,6% ou deltametrin 1,5 e 2,5% (unha única aplicación por campaña).

Gromo cítrico con pulgón e ovos psila africanaDestruír gromos cheos ovos reducirá poboacións Trioza

PATACA

Mildio

Do mesmo xeito que na viña, tamén na pataca están sendo relativamente frecuentes os danos por mildio. Lembren que a humidade vai seguir sendo elevada nos próximos días e tamén as temperaturas, polo que se aconsella manter as plantas protexidas, sempre que sexan  plantas que non estean próximas a ser colleitadas.

 Mildio esporulado en patacaBrote terminal de patata necrosado a consecuencia del mildiu

Escaravello e pulguiña da pataca

Tamén nalgúns predios hai plantas afectadas por estes insectos, que hai que vixiar para evitar que destrúan a parte verde mentres os tubérculos aínda están na terra.

Larvas de escarabajo de la patata y excrementos20200623_Sintomas pulguiña da pataca e insecto adulto

BUXO

Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo)

Cada vez hai máis buxos con síntomas do ataque da praga, que continúa a súa evolución. Lembren que é importante non descoidar as revisións das plantas para intervir antes de que os danos sexan evidentes.

20200623_Gromo buxo afectado Cydalima20200623_Eiruga Cydalima formando niño