AVISO EXTRAORDINARIO 23/04/2019

DETECCIÓN DA PRIMEIRA MANCHA DE MILDIO

VIÑA

Mildio

Estamos iniciando, hoxe día 23, o percorrido semanal polas nosas parcelas de seguimento. Na primeira delas, situada en Goián (O Rosal) atopamos a primeira mancha de mildio e por iso emitimos, xa desde a finca, este aviso extraordinario. A mancha é única na finca e só ten unha esporulación moi incipiente (as temperaturas nocturnas baixaron de xeito evidente) pero aínda así, en canto mellore o tempo, progresará a enfermidade. Por este motivo, hai que estar moi pendentes da climatoloxía e tratar en canto se poida (é conveniente engadir un mollante para facilitar a adherencia do produto á vexetación).

Primeira mancha d mildiuEsporulación na primeira mancha