INFORMACIÓN FITOSANITARIA 17 ABRIL 2019

A información que aportamos nos avisos e boletíns fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos nos nosos percorridos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. En todo caso, SEMPRE CONVÉN CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA FINCA, porque pode haber diferencias mesmo locais. A nosa aportación debe ser considerada máis ben como unha referencia ou orientación, co obxectivo de mellorar a xestión dos nosos cultivos

VIÑA

Estado fenolóxico: F - G (53-55 da codificación BBCH)

Este ano incorporamos á nosa rede de seguimento algunhas parcelas pertencentes á IXP Ribeiras do Morrazo. Tanto aos seus propietarios como aos das fincas do resto de comarcas (aqueles que levan con nos moitos anos e outros novos), grazas pola confianza

Mildio

En xeral, as temperaturas que se deron durante as noites e as primeiras horas da mañá do mes de abril, momento desde o que podemos considerar que hai gromos ben desenvolvidos, son frescas (valores medios ao redor de 7-9 º C na maioría das estacións). Polo tanto non foron favorables ao desenvolvemento do fungo. Sen embargo, é certo que, especialmente a noite do día 14, houbo rexistros elevados durante horas que se acompañaron de xeito intermitente por humidade foliar e/ou humidade relativa por riba do 90%. Con esta situación, a día de hoxe o desenvolvemento teórico do mildio segundo Goidanich ronda o 30-40% nas diferentes estacións consultadas da DO Rías Baixas, só acadando o 56-58% en Bueu-Cabo Udra e Cangas Porto da IXP Ribeiras do Morrazo.

Na visita realizada onte día 16 a parte das parcelas da nosa rede non observamos os primeiros síntomas da enfermidade, nin tampouco ata este momento nos informaron de que teñan aparecido noutras fincas. Aínda así, as previsións das diferentes axencias meteorolóxicas, que ben é certo que non coinciden estritamente canto aos períodos de precipitación previstos para os próximos días, anuncian que, salvo a fin de semana, vai haber tempo novamente  húmido e con choivas de xeito intermitente ou continuo, aínda que tamén prevén temperaturas bastante baixas. Tendo en conta estes datos, e o momento sensible da fenoloxía da planta, se non fan revisións periódicas aos viñedos, podería ser interesante protexer as viñas de xeito preventivo antes de que se inicie este período de precipitacións. No caso de facerse seguimentos na procura da primeira mancha (que soe, aínda que non sempre, aparecer nas follas da base do gromo), estes deben ser máis ou menos reiterados segundo se confirmen (ou non) as previsións meteorolóxicas.

No caso de intervir elixan preferiblemente un produto sistémico unido a un contacto. E non esquezan AXUSTAR O VOLUME DE CALDO ao desenvolvemento da vexetación (nestes momentos o gasto de caldo debe ser inferior), así como manter en bo estado as  boquillas e demais elementos dos equipos de tratamento para evitar gastos innecesarios e reducir tamén problemas para a saúde das persoas e o medio ambiente

En case todas as viñas xa hai gromos bastante desenvolvidosAs primeiras manchas soen observarse na base do gromo

Pedroulo e outros gurgullos

Cneorrhinus dispar - Adulto refugiado durante el día

Non vimos síntomas destes insectos nas viñas que visitamos, nin sequera nas máis atrasadas, que puntualmente sería onde poderían causar certos danos.

 

Ácaros

Nos inicios da campaña poden observarse síntomas que semellan aos producidos pola acariose pero que en realidade son consecuencia das condicións ambientais. Así, nas mostras que recollemos nas parcelas de seguimento e noutras que visitamos non atopamos exemplares observando as follas no laboratorio. Nalgunhas fincas, pola súa parte, si se aprecian síntomas de  erinose, pero sen importancia.

Erinose en gromos basaisColomerus vitis - Sintomas en hoja

Danos por vento e/ou sarabia

Hai viñas, sobre todo na área de influencia da IXP Ribeiras do Morrazo, que presentan danos nas follas e rotura de gromos polos efectos destes factores ambientais. Non son moi xeneralizados pero nas fincas onde se presenten á conveniente aplicar un produto que leve folpet cando fagan a primeira intervención fronte ao mildio.

En zonas expostas hai rotura de follas por vento ou sarabiaRotura de gromo por vento na primavera

MACEIRA

Moteado

De momento non temos observado síntomas, pero naquelas plantas de variedades sensibles que chegan a ter danos na froita en todas as campañas pode aplicarse un tratamento preventivo pensando no período de humidade elevada e continua que, segundo parece, vai vir despois da fin de semana. Ademais, procuren elixir un funxicida que leve unha materia activa cicatrizante (tipo captan) para protexer as feridas nas follas que se observan nalgunhas zonas.

Nalgunhas fincas hai danos por vento ou sarabiaManchas de moteado en maceira

KIWI

Bacterioses

Hai botons florais no kiwi

Está iniciándose o estado fenolóxico botóns florais visibles (estado E1)  e coincide cun período húmido, polo que é recomendable aplicar un tratamento cúprico para limitar os danos que poden causar estas patoloxías sobre a futura floración. Dado o carácter preventivo destas intervencións, deben renovarse segundo o período de protección do funxicida empregado se a climatoloxía continúa húmida, polo menos ata a apertura da flor.

No caso destas enfermidades é sabido que o control preventivo é imprescindible. Ademais, non esquezan a importancia da hixiene a nivel de calquera maquinaria, roupa ou utensilios necesarios nas plantacións (evitan a dispersión da bacteria), o abonado equilibrado (NUNCA REALIZAR ACHEGAS DESEQUILIBRADAS DE NITRÓXENO,  ESPECIALMENTE EN FORMA  AMONIACAL), etc.

 

FROITEIRAS DE ÓSO

Lepra

Esta enfermidade é endémica na nosa zona polo que hai que facer tratamentos continuados en tempo húmido para reducir os danos que poden causar, tamén aos froitos.

Deformacion de las hojas por lepraTaphrina deformans - Detalle de síntomas de lepra sobre fruto de nectarina

BOJ

Cydalima perspectalis

Na maioría das zonas apenas quedan xa eirugas (que están a crisalidar) e aínda non naceron os primeiros adultos, nin sequera nas poboacións que mantemos en condicións de laboratorio.

Oruga desarrollada de Cydalima perspectalisCrisalida de C. perspectalis

CAMELIA

Ácaro da caída do botón floral (Cosetacus camelliae)

Está a ter lugar a  brotación e por tanto é o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro, que causa a caída prematura dos casulos ("capullos"). Ademais, lembren que os botóns florais caídos ao chan deben ser eliminados para limitar a incidencia do ácaro.

As camelias estan a agromarSintomas caracteristicos de Cosetacus camelliaeCaida masiva de capullos de camelia afectados por el ácaro Cosetacus camelliae

EVÓNIMO, ROSEIRAS

Oídio

Estas plantas ornamentais son moi sensibles a esta enfermidade, e por iso xa a nestes momentos poden observarse síntomas moi evidentes que as choivas que caen non frean, polo que é aconsellable aplicar un tratamento.

Manchas iniciais de oidio en evonimoAtaque importante de oidio en evonimo

PATACA

Mildio

Co tempo húmido haberá que prestar moita atención á aparición de síntomas desta enfermidade ou, se non se realiza unha vixilancia do cultivo, será conveniente tratar.

Escaravello

Detectamos os primeiros individuos adultos nesta campaña sobre plantas xa ben desenvolvida