INFORMACIÓN FITOSANITARIA 10 AGOSTO 2018
VIÑA
Mildio
AS DOSES RECOMENDADAS NAS ETIQUETAS DOS PRODUTOS NUNCA DEBEN SER SUPERADAS. Como dixemos na semana anterior, non está permitido facelo e ademais os fitosanitarios poden funcionar peor
En moitas fincas segue habendo gromos excesivamente longos que dificultan a IMPRESCINDIBLE VENTILACIÓN dos acios. A poda desta vexetación "sobrante" pode suplir nalgúns casos a un tratamento potencial, pois elimina manchas e evita retencións de humidade a nivel das plantas
Oidio
Botrite
As condicións ambientais destes días non son favorables á enfermidade, e de feito apenas vimos un par de grans co micelio do fungo na revisión desta semana ás viñas. Porén, se a sensibilidade do acio a mildio e oídio desaparece a partir do pintado, desde ese momento aumenta a susceptibilidade á botrite, que pasa a ser a enfermidade á que se debe prestar atención polo risco que supón. Como se sabe, a humidade, a temperatura, a sensibilidade da variedade de uva e o estado dos grans inflúen na súa instalación. En xeral este ano houbo diversos períodos favorables e hai certa densidade de inóculo no ambiente, polo que hai que estar moi pendentes (sobre todo nas fincas onde houbo danos de calquera natureza) e NON DESCOIDAR as labores que faciliten a aireación dos acios. A curto prazo as previsións meteorolóxicas non anuncian condicións favorables ao fungo, polo que en xeral poden agardar a aplicar un potencial tratamento (que xa sería dirixido SÓ aos acios) ata máis adiante, sobre todo naquelas fincas de propietarios que vaian tendo datas límite de última intervención fixadas pola súas adegas.
Black rot
Nas parcelas da nosa rede de seguimento e naquelas outras que imos revisando nos nosos percorridos semanais non hai acios afectados por este patóxeno. Porén, naqueles casos onde haxa unha certa presencia, como son os dalgunhas fincas de comarcas vitícolas de Ourense ou Lugo segundo nos informan algúns viticultores e técnicos desas zonas, resulta interesante eliminar os acios máis afectados para evitar que os grans momificados caian ao solo e constitúan unha fonte de contaminación para a seguinte campaña.
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)
Cicadélidos
Ao igual que na semana anterior, tanto nas trampas instaladas como nos recontos de larvas ou ninfas nas follas, os niveis están lonxe dos limiares de tratamento, e polo tanto os síntomas que apareceron nalgunhas viñas e que poidan semellar aos referidos como provocados por estes insectos non se deben á súa alimentación senón a outras causas como a ola de calor que sufrimos na fin de semana.
Ácaros
Outros
Como anunciamos a semana anterior, a ola de calor favoreceu que na maioría das viñas se incrementaran (sensiblemente nalgúns casos) as plantas con síntomas de alteracións da madeira, e que mesmo nalgunhas fincas apareceran por primeira vez.
Tamén as temperaturas extremas provocaron a manifestación de indicios de carencias e de signos de estrés, sobre todo en plantas novas e/ou débiles.
Por outra banda, e tamén como era previsible, en todas as fincas apareceron moitos acios afectados por golpes de sol, sobre todo naquelas comarcas con máis insolación e onde se fixeron esfollas demasiado fortes.
MACEIRA e PEREIRA
Moteado
Non observamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento. En caso de danos anteriores nas plantas e de que se desexe tratar, débese ter moi presente o prazo de seguridade do funxicida a utilizar, pois debe ser estritamente respectado.
Couza da mazá (Cydia pomonella)
BUXO
Cydalima perspectalis
Nesta semana dominan, nas sebes que nós controlamos, as crisálides da bolboreta do buxo e tamén observamos os primeiros adultos da nova xeración, polo que a partir de agora haberá que estar pendentes da aparición de ovos e eirugas. Para máis información consulte a nosa ficha técnica