INFORMACIÓN FITOSANITARIA 26 SETEMBRO 2018

VIÑA

Recomendación postvendima

Nestes momentos a labor principal nas viñas é claramente a vendima, pero mentres se está a facer é sinxelo (por estar tempo debaixo ou na contorna das plantas) detectar os brazos das cepas que amosan os primeiros síntomas de enfermidades de madeira. Tamén se identifican facilmente as plantas máis afectadas. No caso das primeiras pódense marcar eses brazos sintomáticos para actuar sobre eles na poda; pola súa banda, as plantas moi afectadas (e sen posibilidade de refacelas con poda) ou mortas poden eliminarse xa despois da vendima (retirando tamén as raíces), pois canto máis tempo estean na finca máis posibilidades hai de que se incremente o número de plantas enfermas na viña.

Brazo con sintomas de enfermedad de madera que conviene eliminarPlanta con síntomas da enfermidade da madeiraPlantas mortas alteracions madeira deben eliminarse

BUXO

Cydalima perspectalis

Continúa a actividade das eirugas desta bolboreta grazas á climatoloxía que temos nestes primeiros días do outono que, segundo as previsións meteorolóxicas a día de hoxe, permanecerá aínda nos primeiros días de outubro. Nas sebes que revisamos esta semana as eirugas que atopamos eran dos estados intermedios, aínda que avanzan rápido polas temperaturas. Por este motivo, aconsellamos revisar os gromos tenros para ver se efectivamente se confirma esta circunstancia e, en caso afirmativo, aplicar un novo tratamento.

Eiruga de tamaño intermedio da bolboreta do buxo20180925_Vista parcial de sebe non tratada en Pontevedra20180925_Detalle de sintomas de Cydalima