INFORMACIÓN FITOSANITARIA 18/05/2018

VIÑA

Estado fenolóxico: (G) - H [(55)-57 da codificación BBCH]

O tempo estable e soleado que houbo a semana anterior e despois desde o luns 14 favoreceu que as viñas tivesen un bo ritmo de desenvolvemento e que mesmo nas zonas máis cálidas xa haxa floración nos gromos que nacen nalgúns patróns e nas viñas "bravas". Se o tempo nos próximos días permanece soleado e as temperaturas son altas, pronto se iniciará tamén en albariño e outras variedades produtoras

Nas zonas mais calidas xa hai floracion nos bravos

Mildio

A pesar das choivas do pasado fin de semana (de escasa contía na maioría dos casos pero superando os 10 l/m2 nalgunhas estacións), o tempo seco e cálido que houbo despois, as baixas temperaturas nocturnas e, moi importante, os ventos do norte de intensidade moderada que secaron rapidamente o ambiente, levaron a que o estado das viñas sexa bo ou moi bo en relación a esta enfermidade. Aínda así, é certo que na revisión ás parcelas da nosa rede e ás outras que tamén observamos, atopamos algunha mancha moi incipiente apenas esporulada e algunha que outra vella con esporulación activa (houbo condicións para a esporulación a noite do 13 ao 14 na maior parte das estacións e o mesmo nalgunhas esta pasada noite do 17 ao 18).

Hai manchas que parecen empezan a secarpero no enves teñen esporulacionAlgunha mancha nova moi incipientecon inicio esporulacion

 

Sen embargo, debido a que as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas coinciden na súa previsión de tempo seco, estable, e con ventos dominantes do norte ou do leste, non é de esperar que haxa un avance da sintomatoloxía, polo que a nosa recomendación é simplemente unha revisión dos viñedos nos que haxa síntomas antigos ou incipientes, sobre todo daqueles nos que xa concluíu ou estea próximo a concluír o período de protección do tratamento anterior, daqueles situados onde chovera máis de 10 l/m2, e dos que se sexa consciente de que o tratamento anterior fora aplicado en condicións de vento que puideran xerar derivas.
 
No caso de ter tratado recentemente, aínda que teoricamente estea protexida a viña, non esqueza que é fundamental comprobar a efectividade da intervención, sobre todo estes días en que os ventos foron moderados. Isto ten maior importancia aínda nas viñas máis vigorosas, onde pode ser que non penetrara o funxicida, e de feito xa vimos algún acio con mildio.
 
Exceso de depositos de fitosanitario na face da follapero necesario haxa deposito funxicida no enves para control mildioObservamos un racimo afectado de mildio

Aparte de prestar atención ás condicións ambientais nas que se fan as aplicacións, hai que fixarse moi ben nos extremos das filas de plantas e tamén, se é o caso, nas plantas exteriores das parras, pois é nelas onde topamos máis síntomas

Oídio

Apenas avanzou o síntoma detectado a semana anterior na variedade tinta sensible, mentres que en albariño aínda non hai indicios do fungo, polo menos nas parcelas que nos revisamos. Tendo en conta que para os próximos días as previsións apuntan a tempo soleado, se finalmente é así é posible que tampouco aparezan, posto que as condicións de luz máis favorables ao fungo neste sentido son visibilidade algo reducida por nubes ou néboas. 

Aparte das condicións de luz derivadas da presenza de néboas ou nebulosidade, o patóxeno ten un desenvolvemento óptimo entre 25 e 30 °C, e entre 40 e 100% de humidade relativa. Ademais, hai variedades máis sensibles que outras e tamén inflúe a situación da parcela (son máis sensibles as pouco aireadas)
9maio18_Oidio apenas perceptible en folla de variedade tintaUncinula necator - Síntoma incipiente

Black rot

Observamos o primeiro síntoma da enfermidade nunha única folla dunha parcela de seguimento de O Condado onde tradicionalmente hai presenza da enfermidade, aínda que con escasa incidencia.

16maio18_Primeiro sintoma black rot

Couzas do acio

Continuamos sen observar signos de actividade das couzas pese a que loxicamente hai capturas de machos de Lobesia botrana (de Eupoecilia ambiguella aínda non recollemos ningún individuo) nas trampas das nosas parcelas de seguimento. 

Trampa de feromonas sexualesCapturas de Lobesia a primeiros de campaña

Cicadélidos

Segue a ser moi reducido o número de adultos de cicadélidos (e ningún de Empoasca vitis) recollido nas trampas. Tampouco observamos larvas nos controis que efectuamos semanalmente ás follas para a detección de larvas.

Capturas illadas de cicadelidos Zygina pero non Empoasca

Ácaros

Nesta semana seguimos sen observar síntomas (ou presenza, nas follas que recollemos para comprobar no laboratorio) do ácaro da acariose, pero si apreciamos nunha finca unha incidencia maior de erinose, especialmente en follas basais.

Sintomas de erinose no inicio da vexetacion Nalgunha finca se incrementou incidencia de erinose

Outros

Empezan a ser notorios algúns síntomas de alteracións da madeira en plantas dalgunhas parcelas onde xa se detectaran na campaña anterior e que non foran podadas. Lembramos que se o síntoma se limita a algún brazo, pode eliminarse (mellor despois da floración e en tempo seco), desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non é así, lembren ir marcando estas cepas para telas identificadas no momento da poda invernal.

Sintoma de enfermedad de maderaSíntomas de enfermedad de madera en planta en floración

MACEIRA

Moteado

A pesar das precipitacións do pasado fin de semana, non observamos novos signos da enfermidade, posiblemente a consecuencia do secado rápido da vexetación que produciron os ventos rexistrados. Do mesmo xeito temos que pensar que si o tempo permanece estable non haberá risco elevado de infección nos próximos días. Manter a vixilancia.

11maio18_Primeiro sintoma moteado en Areeiro

Oídio

Se na revisión anterior notaramos un incremento dos síntomas nas fincas onde se detectara a enfermidade anteriormente, nesta semana non houbo tal aumento e a situación está controlada.

Sintomas de oídio en folla de maceira

Pulgóns

Obsérvanse de xeito máis ou menos puntual colonias de pulgón verde que, nalgúns casos, xa empezan a producir enrolados de follas. Das outras especies ainda non hai individuos, polo menos nas parcelas que nos visitamos.

Colonia de pulgón verde con hormigas acudiendo a la melaza que segreganEnrollado de hojas por pulgón verde

Couza da mazá (Cydia pomonella)

Na trampa da nosa parcela de Areeiro tivemos dúas capturas esta semana. Nestes días de atrás é pouco probable que teña habido posta porque as temperaturas no crepúsculo foron baixas, pero para os próximos días prevese un incremento das mínimas, polo que hai que incrementar a vixilancia.

Instalacion de trampa delta en manzano al inicio de campañaPrimeras capturas de Cydia pomonella en trampa de feromonas

PEREIRA

Torcegromos (Janus compressus)

En diferentes zonas, as pereiras que tiñan sido atacadas por este insecto están amosando xa os gromos afectados completamente secos. Normalmente é un insecto que non require tratamento (a menos que as plantas sexan moi novas ou en viveiro) pero se se desexa pódense cortar eses gromos secos.

Síntomas de Janus compressus en brotes de peralDetalle del síntoma del ataque de Janus compressus

CERDEIRA e OUTROS CULTIVOS

Drosophila suzukii

De momento capturas deste  díptero nas trampas que temos instaladas na nosa plantación son reducidas. Lembren que é unha praga que está presente en Galciai desde 2013 e que pode afectar a froitos non só de cerdeira senon tamén a outras especies de óso, kiwi,  figueira,  caqui,  viña, amorodo, pequenos froitos… As súas femias poñen varios ovos na froita e as larvas que nacen deles devoran a  pulpa, co que o froito se  deprecia para o consumo e/ou cae prematuramente. Por iso é conveniente a instalación de trampas, que neste caso pódense construir dun xeito caseiro facendo uns catro buratos pequenos nunha botella plástica que conterá no fondo vinagre de sidra.

Macho de Drosophila suzukii y detalles caracteristicosMosquero utilizado para la captura de adultos de Drosophila suzukii

PATACA

Escaravello da pataca

En plantas que xa teñen certo desenvolvemento observamos os primeiros adultos e postas deste escaravello. Se non o fixeron aínda e as patacas xa teñen unha boa masa verde haberá que iniciar os tratamentos insecticidas para evitar que se estenda.

Pareja de escarabajo de la patata y sintomas de alimentacionPuesta de Leptinotarsa decemlineata

BUXO

Bolboreta do buxo, Cydalima perspectalis

Polo menos nas sebes e plantas illadas non defoliadas completamente que non reciben tratamentos e que nos vixiamos, xa é posible ver un número elevado de gromos novos sen síntomas. Como dicimos, esta situación se estende a diferentes zonas da nosa xeografía, polo que estimamos que xa rematou (ou está a rematar) este primeiro período de risco. Cando pase o período de crisálides nacerán os adultos da primeira xeración do ano.

Crisalida de C. perspectalis