INFORMACIÓN FITOSANITARIA 08 XUÑO 2018

VIÑA

Estado fenolóxico: (H) - I a J [(57)-60 a 65-(68) da codificación BBCH]

Segundo as observacións realizadas ás viñas da nosa rede de seguimento e a outras que visitamos, nesta semana pódense atopar, na mesma viña e ata na mesma variedade de uva, plantas con diferentes estados fenolóxicos, aínda que sempre na contorna da floración

 

Mildio

Como ben é sabido, estamos a pasar un período de inestabilidade climática que mantén a vexetación mollada a totalidade das horas do día. Por outra banda, aínda que fai frío para a época do ano, os rexistros nocturnos son, en xeral, compatibles coa esporulación do fungo.  Con esta situación, pódense producir contaminacións sucesivas cuxos síntomas poden aparecer desde agora mesmo (froito das choivas pasadas) ata os próximos días (consecuencia destas precipitacións), polo que é evidente que o risco de infección é elevado e máis nun momento de especial sensibilidade dos acios.

Con todo, na visita desta semana ás viñas non atopamos ningunha mancha de aceite nova, nen sequera nas plantas testemuña, pero si nalgúns casos zonas de avance a partir de síntomas antigos. Neste sentido temos que facer especial mención a unha viña do Rosal que está rodeada de carballos de elevadas dimensións que provocan un ambiente moi pouco aireado, onde atopamos grandes zonas de avance (mesmo en manchas aparentemente ben curadas), danos en acios e tamén nos extremos dos gromos. Dáse a circunstancia de que esta viña, segundo nos informou o propietario, recibira un tratamento facía menos dunha semana, o cal redunda na recomendación que sempre aportamos de comprobar sempre a eficacia das intervencións.

A previsión meteorolóxica para os próximos días segundo varias axencias consultadas apunta a unha lixeira melloría conforme pasen as xornadas, pero mantendo que seguirá a haber aire frío nas capas altas da atmosfera e polo tanto certa inestabilidade. Iso si, a maioría delas anuncian subida de temperaturas, o que xera unha situación de máis risco.

Por todo o mencionado, e considerando ademais que as precipitacións destes días superaron os 20 l/m2 nun día en moitas localizacións, É IMPRESCINDIBLE COMPROBAR O ESTADO DOS SÍNTOMAS ANTIGOS E VER SI APARECEN NOVOS, especialmente en viñas nas que estea próximo a concluír o período de protección teórico da aplicación anterior. SE HAI ESPORULACIÓN NOS ANTIGOS, APARECEN NOVOS OU A VIÑA TEN HISTORIAL (OU CONDICIÓNS FAVORABLES) DE DANOS POR MILDIO, RENOVAR AS APLICACIÓNS.

Non esquezan ademais fixarse moi ben nos acios, altamente sensibles nestes momentos, pois a estas alturas de campaña os síntomas neles soen aparecer uns días máis tarde que nas follas

Despois da floración, e pensando non só nesta enfermidade senón tamén na botrite (ver abaixo), haberá que ir cortando o exceso de vexetación que este ano presentan a xeneralidade das viñas para favorecer a boa aireación das plantas. Ademais, lembren tamén que SEMPRE É IMPRESCINDIBLE MANTER A CUBERTA VEXETAL BEN SEGADA para evitar retencións innecesarias de humidade

6xuñ18_Gromos novos sans en testemuña06xuñ18_Gran zona avance a partir de mancha teoricamente secaEsporulacion curada en mancha antiga pero activa en zona avanceEsporulacion viable en zona avance mancha antigaEsporulacion en mancha seca6xuñ18_Esporulacion en acio O Rosal6xuñ18_Acio curvado e lixeira esporulacion O Rosal6xuñ18_Gromo de albariño con mildio antigo pero esporulado

Oidio

Unha vez máis temos que falar de ausencia de síntomas nas nosas parcelas de seguimento (sen tratar fronte a este fungo) e tampouco naquelas outras que visitamos, aínda que teñan variedades sensibles. Con todo, é importante manter un elevado nivel de vixilancia, pois segundo as previsións climáticas continuará o tempo relativamente húmido. 

9maio18_Oidio apenas perceptible en folla de variedade tintaUncinula necator - Síntoma incipiente

Botrite

No aviso anterior anunciabamos que poderían aparecer os primeiros síntomas da enfermidade en acio ou mesmo en folla de manterse a climatoloxía húmida. Pois ben, nesta semana comprobamos efectivamente esta circunstancia, especialmente en viñas da comarca do Condado onde, segundo nos informaron algúns viticultores, houbo algún episodio de sarabia.

Porén, se realmente mellora a climatoloxía co paso dos días, estimamos que non será preciso tratar, pois a incidencia da enfermidade nas parcelas onde atopamos síntomas é moi baixa. Manter a vixilancia nas próximas xornadas, especialmente en variedades máis sensibles. Ademais, se fose preciso renovar a intervención antimildio é conveniente neste momento elixir funxicidas que leven na súa composición unha materia activa con efectos antibotrite. 

O feito de que haxa botrite nestes momentos nunha parcela non implica en absoluto que vaia haber maior presenza da enfermidade ao final da campaña

As prácticas culturais de poda en verde, desnetado, sega da cuberta vexetal e outras que poderán iniciarse despois da floración son fundamentais na protección das plantas fronte a esta enfermidade en climas tan húmidos como o que temos este ano 

Restos secos en acio favorecen a podre con humidade altaFrutificacion botrite en resto seco de acioA auga da choiva pode unir grans e dificultar caida capuchons6xuñ18_Esta necrose apunta a botrite_16xuñ18_Esta necrose apunta a botrite_2Vista a lupa de frutificacion botrite en folla Albariño

Black rot

A pesar de que as condicións climáticas foron favorables ao patóxeno, aínda son raros ou esporádicos os síntomas nas parcelas onde está presente. Con todo, sabemos que a partir de agora empeza un período de elevada sensibilidade do acio a este fungo, polo que se debe manter un nivel de vixilancia elevado.

Naquelas parcelas con presenza da enfermidade, no caso de renovar o tratamento antimildio poden elixir materias activas que tamén posúan efectos fronte a este outro fungo 

...as manchas de black rot soen ser redondeadas...pero non sempre

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

En xeral, mantemos o dito na semana anterior: escasas capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas e lixeiro incremento da presenza de niños (glomérulos) nos acios. Sen embargo, na mesma viña do Rosal onde topamos unha elevada incidencia de mildio, o aumento na porcentaxe de glomérulos foi bastante significativo, aínda que non chega ao nivel que xustificaría tratar.

6xuñ18_Glomerulos nunha viña O RosalEiruga de Lobesia en acio recentemente calladoGlomerulo mas choiva dificulta desprendemento capuchons

Cicadélidos

Mantívose nesta semana a presenza testemuñal de cicadélidos, tanto nas trampas como nas follas. 

Capturas illadas de cicadelidos Zygina pero non EmpoascaAs capturas de cicadelidos seguen a ser mínimas

Altica

Na nosa parcela de seguimento de Vide, onde todos os anos temos ataques desta pulguiña, atopamos nesta semana as primeiras follas con síntomas e as primeiras larvas (que xa non son neonatas) nalgunha que outra planta.

6xuñ18_Sintoma de Altica en parcela Vide6xuñ18_Larvas de Altica en parcela Vide

Ácaros

Ao igual que dixemos nos cicadélidos, nesta semana non observamos variación algunha canto a estas pragas nas viñas que visitamos: ausencia de síntomas do ácaro da acariose e certa presenza de follas con erinose nalgúns viñedos.

Nalgunha finca se incrementou incidencia de erinose

MACEIRA

Moteado

O mantemento do tempo húmido desde hai días propiciou a aparición de novos síntomas da enfermidade, en especial nas follas (aínda non nos froitos) de plantas testemuña e nas variedades sensibles. De momento as previsións apuntan á continuidade de clima inestable a corto prazo, polo que é recomendable renovar o tratamento naquelas plantas susceptibles e/ou con síntomas.

Manchas incipientes de moteadoAbundantes manchas de moteado en folla de maceira

Couza da mazá (Cydia pomonella)

Polo de agora non observamos síntomas pero o ciclo da especie continúa pese a esta climatoloxía inestable. Por este motivo, e como xa dixemos na semana anterior, manteña as plantas protexidas se hai antecedentes da praga e se non se efectúa un seguimento mediante as trampas de  feromonas, en especial si, como anuncian as axencias meteorolóxicas, irá mellorando o tempo co paso dos días.

Esta especie de  couza, ademais de afectar á maceira, tamén ataca a  pereira, marmeleiro ou mesmo a nogueira. Os danos das súas eirugas poden ser moi importantes, de ata máis do 80% de froitos atacados nalgunhas campañas e localizacións. Aliméntase como sabemos da  polpa (tamén das pebidas) dos froitos, podendo chegar a causar a súa caída prematura e a facilitar a instalación de fungos patóxenos na contorna dos seus danos

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenDaño en manzana por polillas y pudricionMazá Golden con galería de Cydia pomonella

Outros

Nas nosas parcelas de seguimento e naquelas outras que observamos, incrementouse nesta semana a presenza de oídio nalgunhas variedades, mentres as colonias de pulgóns mantivéronse estables.

MARMELEIRO

Entomosporium maculatum

O tempo húmido destes días favoreceu o incremento de follas afectadas por este patóxeno pero non tanto como esperabamos debido ás condicións favorables.

Humidade alta favorece Entomosporium marmeleiroSíntomas de Entomosporium maculatum sobre folla de marmeleiro

CERDEIRA

Monilia (e botrite)

Nesta semana aínda se observa máis froitos en maduración afectados por estes fungos. Se non se aplica un tratamento antes da colleita (lembren que hai funxicidas autorizados con 3 días de prazo de seguridade) é conveniente facelo despois para eliminar inóculo de cara á próxima campaña.

6xuñ18_Continuidade choivas provocou mais podrmias nas cereixas6xuñ18_Aos rachos por choiva hai que engadir alimentacion paxaros

VARIAS PLANTAS DE HORTA

Mildio e outros patóxenos

Coa elevada humidade a nivel das plantas e do solo que hai estes días haberá que aproveitar os claros para renovar as intervencións. Teñan en conta que si finalmente se produce unha subida de temperaturas o risco de infeccións seguirá sendo elevado pola evaporación do exceso de auga acumulado.

Esporulacion mildio patacaPlanta de tomate afectada de mildiu

BUXO

Cydalima perspectalis

Esta semana observamos os primeiros catro adultos da primeira xeración do ano na nosa finca de Areeiro, pero non noutras sebes que seguimos. Sabemos a gravidade das defoliacións que pode xerar este insecto polo que É IMPRESCINDIBLE ESTAR ATENTOS Á APARICIÓN DAS PRIMEIRAS EIRUGAS PARA PODER TRATAR TAN PRONTO APAREZAN OS PRIMEIROS SÍNTOMAS.

Crisalida de C. perspectalisPrimeiro adulto visualizado segunda xeracion 2017 CydalimaLarvas jovenes de Cydalima perspectalis

VARIAS FRONDOSAS

Crisomélidos

Como ven sendo habitual nesta época, e pese a que as condicións de clima tan húmido (e frío para a época) que estamos a ter non os favorecen especialmente, non é difícil ver diversas especies arbóreas de ribeira (salgueiros e ameneiros principalmente) cos típicos síntomas de alimentación destes escarabellos, de momento, e segundo as nosas observacións, non alarmante

Larvas e danos de crisomélido en folla de salgueiroRamiñas de ameneiro con ataque de crisomelido