INFORMACIÓN FITOSANITARIA 16/04/2018

Despois deste longo período de precipitacións continuas (ver táboa coa choiva rexistrada no 2018 ata o momento) as previsións meteorolóxicas anuncian tempo seco para boa parte desta semana, e mesmo temperaturas diúrnas altas que sen dúbida acelerarán a brotación das plantas. Tamén con este clima haberá que aproveitar para facer certas actuacións que son necesarias nestes momentos.

Comarca

Estación

Choiva total

2017(l/m2)

Choiva 2018 (1 xan -16 abril)

Pontevedra

Areeiro

1045,7

953

Salnés

Barrantes

1065

734,8

Tremoedo

1098

748,5

Rosal

Areas

1222,8

986,5

Eiras

1089,1

774,4

Condado

Cequeliños

990,6

754,4

Meder

1059,6

793,1

Soutomaior

Soutomaior

1116,4

970,03
Fonte: Meteogalicia

VIÑA

Co cambio nas condicións climáticas non só haberá un maior desenvolvemento dos gromos das cepas senón tamén da vexetación herbácea das fincas, que haberá que manter baixo estrito control para facilitar a boa aireación da viña evitando así favorecer a moitas patoloxías

Mildio

O pasado venres día 13 verificamos a maduración das primeiras oosporas do fungo na provincia de Pontevedra, case un mes despois que en 2017. Aínda así, non todas as procesadas maduraron. Como dicimos todos os anos, a maduración da oospora ou ovo de inverno non significa que haxa que iniciar os tratamentos fronte a esta enfermidade, simplemente indica o inicio do ciclo do fungo e para que haxa as primeiras infeccións deben cumprirse outras condicións que aínda non se dan. Polo tanto TODAVÍA NON É NECESARIO TRATAR

Plasmopara vitícola - Oosporas (huevos de invierno vistos al microscopio)Xerminacion das primeiras oosporas 2018

Excoriose

Nestes momentos as viñas presentan un desenvolvemento diferente dependo da finca: algunhas están en estado fenolóxico B (xema inchada)-C (punta verde) ou, na codificación BBCH, "05" e "07-09") e outras xa se atopan próximas a E (follas estendidas) ou estado 13 en BBCH. Naquelas parcelas onde tradicionalmente haxa problemas de excoriose, e máis neste ano en que a brotación estase a producir nun ambiente tan húmido, este é o período no que se debe facer unha aplicación fronte a esta enfermidade.

Síntomas en pámpano, hoja y pecioloDiferentes síntomas de excoriosis

MACEIRA

Moteado

Mancha incipiente de moteado del manzano

En moitas maceiras xa se ten superado o estado de crecemento dos gromos coñecido como "orella de rato" (estado 54 en BBCH) que é o idóneo para facer tratamentos preventivos fronte a esta patoloxía. Porén, e aínda considerando que o ano pasado apenas houbo danos pola enfermidade debido ás condicións climáticas secas, convén, nas variedades onde historicamente se rexistrasen problemas, aplicar un tratamento, máis considerando que polas choivas rexistradas en moitos casos non se puido facer aplicacións de cobre no inverno.

KIWI

Bacterioses

As precipitacións constantes desta última temporada son condicións moi favorables a estas patoloxías do kiwi. Por iso, e tendo en conta que a brotación é unha etapa sensible que debe ser protexida, é moi importante aplicar un tratamento neste momento.

Segundo o Rexistro de Produtos do Ministerio os produtos autorizados son certos cobres (oxicloruro de cobre 38%, 52%, 70%; sulfato tribásico de cobre 19% e hidróxido cúprico 13,6% + oxicloruro de cobre 13,6%) ademais de Bacillus amyloliquefaciens subesp. plantarum, cepa D747 25%

Exudado de PSA sobre madera de planta jovenSintomas de PSA en hoja

Non esquezan tampouco neste caso as boas prácticas agrícolas para previr a dispersión da enfermidade: hixiene a nivel de calquera maquinaria, roupa ou utensilios necesarios nas plantacións (evita a dispersión da bacteria); abonado equilibrado (especialmente de nitróxeno en forma  amoniacal); evitar as regas por  aspersión, etc.

CÍTRICOS

Phytophthora spp

Tamén as abundantes precipitacións acaecidas ata agora teñen favorecido os ataques destes fungos. Na súa contención son fundamentais as medidas culturais ou agronómicas de tipo favorecer a drenaxe no terreo ou recoller os froitos caídos e os podres que haxa na árbore. Ademais, agora que empeza a brotación convén aplicar un tratamento con fosetil-Al 80% (funxicida que non se lava coas choivas pero que ten moi limitado o número de aplicacións ao ano), ou mancozeb ou formulados de cobre sós ou combinados con outros  funxicidas (consulte aos técnicos).

Este limonero está afectado por PhytophthoraLimons na arbore coa podremia caracteristica de Phytophthora hibernalis

MELOCOTONERO

Lepra

Deformacion de las hojas por lepra

Novamente, a elevada humidade destes meses induce a pensar que a incidencia desta enfermidade será elevada na campaña que se inicia. Por iso, tan pronto sexa posible haberá que aplicar un tratamento (consulte aos técnicos sobre que funxicida empregar).

Novamente, a elevada humidade destes meses induce a pensar que a incidencia desta enfermidade será elevada na campaña que se inicia. Por iso, tan pronto sexa posible haberá que aplicar un tratamento (consulte aos técnicos sobre que funxicida empregar).

BUXO

Cydalima perspectalis

Nalgunhas sebes e plantas illadas de zonas abrigadas empezan a verse os síntomas do ataque desta bolboreta. Coa melloría do tempo desta semana é de esperar que esta situación se vaia xeneralizando, polo que hai que estar moi atentos porque, como é sabido, os tratamentos aplicados cando a praga está estendida e desenvolvida non son eficaces. 

Eiruga nacida de Cydalima 10xEiruga de Cydalima e capsulas cefalicas 0,75x