Pazo de Mariñán, nuevo destino de turismo científico OBSERVER®

Salinero, C.; Vela, P.; Vence, M.

  • No hay documentos

resumen

O Pazo de Mariñán, tamén coñecido como Pazo de Láncara ou de Bergondo, está situado no lugar de Mariñán, concello de Bergondo (A Coruña). As súas orixes remóntanse ao século XV, coa construción dunha fortaleza militar. O seu último propietario, Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, legou o conxunto á Deputación da Coruña en 1936, coa condición de que fose destinado a fins sociais. No ano 1972 foi declarado Conxunto Histórico-Artístico e Monumental polo seu conxunto arquitectónico, no que destacan as súas escaleiras e balaustradas, esculturas, fontes e xardíns.O xardín está incluído na Ruta Galega da Camelia dende a súa creación en 2006. Esta casa rural ten obtivo recentemente o selo Observer® como Destino de Turismo Científico. Neste pazo destacan a botánica, a historia e a arquitectura, destacando catro puntos de interese: as árbores singulares, o xardín xeométrico, as camelias e o observatorio de aves.